Skip to main content

FAUNA E SOCIEDADE

Posted in

DEPORTE...En Galicia, hai mais ou menos trinta anos, ninguén sabía o que eran os xabarís. Aquí había perdices, coellos, pombos, teixugos, raposos, codornices, rulas, gaios, pegas, xinetas, etc. Posiblemente moitos nunca viron a algún destes animais tan abundantes entonces.


Introducir o “porco bravo” para ter o que cazar, porque as demais especies están a piques de se extinguir, e agora dicir que hai que matalos porque derraman as colleitas, é o caso do incendiario que se presenta despois como bombeiro voluntario. O mesmo se pode dicir dos corzos, agora escasos pero que, en pouco tempo, van comezar a comer as uvas e as hortas.
A iso chámase matar por matar. Se de verdade se quere velar polo medio ambiente e a fauna, hai que darlles de comer, coidar do seu hábitat e, se sobran ou hai exceso de poboación,  controlar o seu número mediante a reproducción controlada e a esterilización de individuos. O resto é un círculo vicioso no que, os mesmos que introducen unha especie para se divertir matándoa, despois utilizan o argumento de que é moi abundante para seguir nesa diversión de matar animais.
Se queremos ter especies de animais variadas no monte, gozar de súa presencia e poder ir a o monte para admiralos, non vai ser  por medio da caza. A o revés, parécenos que o primeiro que habería que facer é acabar con ela, porque, a súa única finalidade, é divertirse matando animais e por en perigo as persoas que van a o monte para saber o que é a natureza admirándoa e gozando dela.
Promover a diversidade das especies, conservalas, ver os animais no seu medio e que este espectáculo non sexa un deporte de risco, é incompatible con tiros no monte e diversións sanguinarias.
Digan o que digan.