Skip to main content

CONTRA O PLAN ACUÍCOLA

Posted in

percorrido manifestaciónLembramos a todos os que defendemos Galicia e súa riqueza natural que, mañá domingo, día 4, ás 12:00 hs., en Corrubedo comeza a concentración (e van...) e manifestación en contra do plan acuícola da Xunta de Galicia, que pretende encher o noso litoral con 3 millóns de metros cuadrados de cemento para instalar macropiscifactorías, que contaminan o mar e destroen o litoral.

E inaudito que levemos tantos anos querendo pasar páxina de governos conservadores que miraban mais polos lucros empresariais que polo interese xeral e, agora, semella que nada teña cambiado e Galicia estexa sendo arrasada con parques eólicos, piscifactorías, etc. aprobadas por un governo, supostamente, progresista.

Xa avisamos da próxima invasión do noso litoral, tamén, con parques eólicos mariños. De momento andan a pelexarse con o governo central para ver quen "xestiona" o asunto...