Skip to main content

AUMENTA DEFORESTACIÓN AMAZONIA

Posted in

amazonia riqueza biolóxicaA noticia é que a deforestación da amazonia volta a crecer de maneira alarmante.
Ao fío do que comentamos en artigos anteriores, os incendios e a deforestación de selvas virxes,sobre todo no Brasil que é onde mais abunda esta inimitable  e ameazada riqueza, tiña moito que ver con a nova industria de combustibles de orixe vexetal.
Tamén lembramos dos encendidos patrioteirismos de algún fundamentalista envolto na bandeira deste gran País que, no fondo, o que esconde moitas veces, é a defensa dos intereses de uns poucos privilexiados que, en nome dos intereses do pobo brasileiro, o que en verdade están a defender, son intereses de unha elite e, incluso, de empresas estranxeiras ás que representan.
Curiosa a noticia de un representante elexido polo pobo e que, a súa vez, representa unha empresa multinacional estranxeira, con o cal, vemos o verdadeiro poder destas empresas, capaces de financiar e colocar no poder a un representante seu quen velará polos seus interese e non por os do pobo a o que din representar..
Se, como eles din, a deforestación e utilización dos recursos (finitos) da amazonia fora resolver os problemas de diferencias socias e económicas, así como a pobreza da maioría dos habitantes do Brasil, benvida fora. O problema é que, o que estes “nacionalistas” interesados esquecen de dicir, é que no Brasil xa foi destruída case toda a selva que existía, sen que o pobo, verdadeiro dono dela, se beneficiase en absoluto, e as enormes diferencias na distribución de riqueza son debidas, precisamente, a que nesa destrucción da riqueza natural do país, solo se beneficiaron uns poucos que acapararon, e seguen acaparando, os beneficios, mentres, deixan a o pobo, en nome de quen reivindican soberanía, na mais absoluta miseria.
O problema da deforestación da amazonia non consiste en canto porcentaxe se pode ou debe deforestar, o problema é que hai que parar totalmente esta deforestación, de outro modo, mais anos ou menos anos, a amazonia vai desaparecer, e con ela milleiros de plantas e animais que nunca mais poderemos ver porque, a amazonia, non se pode reproducir.
O home, na súa soberbia, pensa que pode facer e desfacer o que desexe con árbores milenarias, e especies formadas a o longo de millóns de anos, solo porque se di superior a os demais. Se así fora non cometería as tropelías que comete contra o medio que deu lugar á súa existencia e tamén respectaría mais as vidas que é incapaz de reproducir pero que, na súa arrogancia, se outorga o dereito de destruír. Todo porque se cree mais intelixente que as demais especies, aínda que, diariamente, se contradiga en tal afirmación. Afirmación, por outro lado, sen fundamento unha vez que, o mais que consegue fabricar é un ordenador que non funciona se lle falta a electricidade, mentres a vida é autosuficiente e iso a especie humana, aínda o ten moi lonxe. Semella un primate que se cree superior ás demais especies solo porque é capaz de quitar un obxecto de dentro do seu nariz.