Skip to main content

¿ACCIDENTES? de CAZA - Actualizado

Posted in

Na prensa do martes dia 30 ven outra noticia de un impacto de bala en unha casa. Xa é a terceira vez , dende que comezou a caza este ano, que tal suceso acontece. A primeira vez con resultado da morte de un pacífico paseante que iba por unha pista asfaltada.

Nós mandamos a todos os medios o comunicado que está a continuación, esperando que informen a os seus lectores, de momento vemos unha referencia a o mesmo nesta noticia. No entanto aconsellamos ler a "información ó cidadán" e, a quen cace pondo en perigo a os demais, debese denunciar a o SEPRONA chamando á Guardia Civil. Atenden ben e rápido.

De momento, non temos programado tomar outras medidas sobre o asunto, como tampouco con as "guerras" que acaban no envelenamento de cans e como consecuencia, de outros carnívoros da nosa fauna. Esperamos que, quen ten a responsabilidade, faga o seu traballo, ainda que sabemos que os cazadores prácticamente teñen "bula" en Medio Ambiente. Alí solo lles dan facilidades para batidas e subvencións.

A continuación a nota informativa que mandamos a todos os medios:

Nota informativa do movimento cívico "Matar por matar NON" co gallo dos "ACCIDENTES" de CAZA:

Á vista dos reiterados accidentes de caza que se veñen producindo ultimamente, algúns con víctimas alleas á caza e tiros que alcanzan residencias, e á vista da información interesada que se está a dar sobre o asunto na que se fala de circunstancias extraordinarias, queremos manifestar o seguinte:

_ As distancias de seguridade establecidas pola actual lei de caza e polo correspondente regulamento , basicamente 100 metros de vivendas e 50 metros de estradas e camiños con a prohibición de disparar en dirección a estas, están establecidas  na suposta utilización de escopetas de perdigóns cuxo alcance vai pouco mais alá de 150 ou 200 metros.

_Hoxe en día, e sobre todo para caza maior, cada vez é mais común que se utilicen carabinas e rifles de cañón raiado, que disparan balas e teñen un alcance de mais de 1.500 metros. Moitas destas armas son portadas a diario nas xornadas de caza menor por cazadores que esperan abater xabarís ou outras pezas de caza maior.

_Calquera disparo con unha destas armas, e tendo en conta  dispersión da poboación galega, pode ter dentro de seu raio de acción mais de dous núcleos de poboación, sen contar con as persoas que poidan andar polo monte ou por camiños ou estradas próximos. Estas posibles víctimas o serán sempre que se atopen dentro do alcance dunha destas armas,na liña de tiro e o disparo non alcance á peza de caza que debería paralo.Ou sexa,tendo en conta solo o alcance e sen contar que haxa lugares habitados, multiplica por mais de dez o risco que había con as escopetas.

_Incomprensiblemente nin a Federación de caza nin a administración están informando con imparcialidade deste problema, nin tomando medidas para atallalo no sentido de aumentar as distancias de seguridade ou prohibir ese tipo de armas. Tais medidas é evidente que crearían restriccións á práctica da caza ou a venta destas armas, no entanto pensamos que debería prevalecer a seguridade dos cidadáns antes que os intereses económicos.

Finalmente apontar que, un dos principais motivos que dan lugar á reiterada violación das distancias de seguridade a os núcleos de poboación, por parte de moitos cazadores, é que os animais, cada vez mais, buscan refúxio perto das casas, onde son menos acosados que no monte.

matarpormatarnon.org