Skip to main content

EXTERMINIO DE FAUNA

Posted in

masacre de animaisQue a fauna silvestre de nosos montes está desaparecendo é unha realidade que a ninguén se lle escapa a pouco que saia a o monte ou teña datos para comparar con hai poucos anos.
Esta realidade solo é ignorada por un gremio de cazadores obcecados por matar e que, aínda que eles mesmos se queixan da falta de fauna, non toman medidas, a non ser soltar algún coello, perdiz ou faisán manso nas vésperas da temporada e despois cazalos antes de que morran de fame por falta de comida, auga e adaptación a o monte.

A Consellería de Medio Ambiente, lonxe de cumprir con o cometido de preservar e administrar adecuadamente o entorno e súa fauna, mais parece interesada en velar polo negocio da caza e que este non decaia a pesares do exterminio dos animais que antes poboaban os nosos montes.


Nesta tempada publicou un folleto, a todo color, no que se ven fotos de mamíferos e aves que, aparentemente, se poden cazar en Galicia. Muflóns, lobos, corzos, perdices, torcaces, e un largo etcétera de despropósitos, solo xustificable pola ignorancia de quen o fixo ou polos intereses que poida defender.

Ninguén, con un mínimo de coñecemento do medio, pode mais que indignarse ou rirse de tal ostentosa publicación. Case non hai coellos no monte a excepción de algúns, de granxa, que se soltan por estes meses para seren abatidos entre outubro e xaneiro. Perdices silvestres xa deixaron de existir no monte por falte de alimento e, este ano, incluso de auga, porque estamos a finais de outubro e os ríos están secos. Torcaces, ou pombos, hai catro ou cinco por cada quinientas hectáreas o que, para o próximo ano, posiblemente e se son abatidos, sexan dous ou menos, cando hai anos eran centos ou milleiros.

Os escopeteiros, que esquecen estes asuntos, matan indiscriminadamente e, con tal de chagar a o seu pobo ou pasearse diante dos demais cazadores con unha peza colgada, matan sen pensar en cantos hai e, como din eles, para que non o mate o que ven detrás. Desta maneira  non permiten que estes animais aumenten a súa poboación, o que se ve agravado, ademais, con  o espolio de ovos que fan as ardillas. Este ano, por non haber , non hai nin xabarís, porque outros anos era fácil ver lameiros con buracos e este ano non se ve ningún.

Este ano solicitamos á Delegación de Medio Ambiente de Ourense que nos dese unha copia do plan de aproveitamento cinexético de un tecor das proximidades. Esto foi o dez de setembro e, a o día de hoxe, todo son problemas para termos os datos de ese plan. Ou sexa, en Medio Ambiente pouco ou nada se preocupan pola precisión e seriedade de eses estudios e, ademais, tampouco permiten que outras institucións, interesadas na preservación do medio, o fagamos.

Esa actitude obstruccionista e falta de transparencia, non só ven a reforzar a crenza de que tais estudios son un mero trámite, un impreso mais para ser entregue polos tecores, sen estudio previo e serio algún feito por persoal competente, senón que, ademais, de levarse a cabo, colocaría a estas institucións, non solo nunha posible situación de abandono de súas  funcións a o non verificar a seriedade de tais estudios, senón que tamén infrinxiría a lei de proceso administrativo ao non responder os escritos que se lle mandan, e ademais sería un amparo as posibles e mais que probables irregularidades que, na tramitación dos documentos dos tecores en benefício da fauna, se poidan estar cometendo.
 
Dabamos por superados os tempos en que algún delegado acudía asiduamente a comidas e festas, invitado polo clan dos cazadores, o que despois era un serio obstáculo á hora de levar adiante os expedientes por infracción contra eses mesmos cazadores con quen compartira prato e mesa. De feito, denuncias que se fixeron en tais épocas, tanto polo SEPRONA como por particulares, nunca apareceron como tramitadas, o que facilmente se pode verificar lendo o DOGA, onde aparecen os expedientes e as resolucións o respecto e, case nunca, hai resolucións de sanción  contra cazadores a pesar das innumerables irregularidades que se ven a diario.

Tiñamos unha grande fe no novo delegado,  a quen recordamos por persoa seria e honesta, pero parece ser que, o “lobby” de 50.000 escopeteiros, e o comercio da caza e complementos, son capaces de impor a política a seguir, porque aínda non albiscamos as melloras,e e a entrega dos documentos e estudios solicitados é a mellor proba.
 
O domingo van a saír, todos estes que se din “principais ecoloxistas”, a o monte con a idea de presumir de quen mata mais, de se divertir acabando con o pouco de fauna que resta no monte, a se queixar de que non hai caza, a lle botar a culpa as aves de rapina, e a pasar por alto que son eles, sumados á destrucción causada por tanta infraestructura e asfaltado do medio natural (35 millóns de animais atropelados a o ano nas estradas) o que xa acabou, a efectos prácticos, con a supervivencia por medios propios, da nosa fauna. É incompatible a reproducción e supervivencia da fauna con a diminución do hábitat e o aumento irracional  de tantos interesados en acabar con ela por diversión.