Skip to main content

Enlace Maside e "PELOTAZO URBANISTICO"

Posted in

O pasado xoves día 26/06/08 o alcalde de Carballiño presumía, na TV local, do "enlace" con que vai contar a nosa Vila. Seica non hai outra que poida "presumir" de tal. Por algo será.

Xa remataron coa carballeira do Puzo do Lago e vai comezar a desfeita, as marcas están en todalas pistas que vai cruzar o "monstruo", Maside arrasado para que O Carballiño teña catro carriles de entrada e saída. Vai semellar Madrid. Agora xa case non se da entrado e hai atascos, veremos despois como o arranxan. Posiblemente poñan unha trituradora de coches na Fontela.

Tamén están acelerando as obras os constructores para que aquí sexa a "cidade dormitorio" de Ourense. O ano pasado fixeronse mais vivendas no Carballiño que en Ourense.

Resumindo, vendennos como favor o que nos vai perxudicar para lucro de catro listos.

E nós, como sempre, criticando o "progreso"...

Artigo Orixinal:

Maside e seu “enlace”, a típica “charanga” dos políticos para venderlle os paisanos “progreso” de chapa galvanizada e chapapote para que, neste caso, alguén dea un “pelotazo” urbanístico á costa da destrucción do rural de Maside, do Puzo do Lago, da Fraga de Amarante, do sosego e beleza desta zona e dos restos arqueolóxicos que están no camiño do “enlace” con o Carballiño.

A o que se comenta, xa están comprados os terreos no lugar de Negrelle, o lado do Puzo do Lago, para construír unha cidade dormitorio, con os seus conseguintes problemas de masificación, perda de calidade de vida, atascos, etc. Pan para hoxe e fame para mañá, perda de calidade de vida dos veciños, que van durmir “arrulados” polo ruído dos coches e respirando o seu fume, para lucro de uns poucos. Espertarán cando sexa tarde demais.

Abandono da opción do desenrolo sustentable e de calidade, pola especulación pura e dura, agora tamén non interior de Galicia, cando estes pobos poderían estar valorizando o seu sosego e beleza esixindo que se mantivese solo o enlace de Ariz, que chega e sobra.Non parece que compense o gasto (53 millóns de euros) nin a desfeita, para lle aforrar ós coches un par de kilometros. Agora si que Maside vai quedar enterrado no chapapote e desvalorizado.

Tamén se criticaba, e con razón, que se estaba a secar o Puzo do Lago por culpa do campo de golf. Pero os que antes criticaban, agora van facer unha urbanización que consume moita mais auga, contamina e posiblemente acabará definitivamente con este magnífico humedal.

Polo que se refire a O Carballiño, esperaremos para ver onde meten os catro carrís de coches que vai ter a “autopista”, cando agora hai atascos para entrar na vila, xa veremos os que haberá despois. Pero 30.000 euros para sanear a Fontela das ratas, non os hai.

Tamén o alcalde do San Amaro xa "cheirou o negocio" e seica quere outra autopista hasta alí para que este pobo tamén "progrese", sobre todo os que mandan e que se vendan os chalets que seica hai projectados para o "campo de golf" (outro mais).¡E despois queixabamonos de tanto "hormigón" como botaron estes últimos anos...cousas veredes amigo Sancho!.

E o que nos queda por ver..."adeus ríos, adeus montes, adeus regatos pequenos, adeus vista dos meus ollos non sei cando nos veremos". Seguramente nunca mais. Acabarán con todo.