Skip to main content

12 DE OUTUBRO

Posted in

Como bos patriotas pensamos que debemos aportar o noso grao de area o día da patria.
Xuntamos unha carta, publicada no Pais, que fai referencia a o sr. Rajoy, pero que poderíamos facer extensiva á maioría dos políticos que nos (des)gobernan.

"Patriotismo barato
Gonzalo Abadías Raluy - Salamanca - 09/10/2007

El señor Rajoy, en un alarde de patriotismo barato, afirma sin ambages que "todos los españoles debemos sentirnos orgullosos de España, la nación más antigua de Europa".


Pues bien, al margen de todos los debates, rebatimientos u observaciones que pueda generar el matiz histórico de su afirmación, cabría preguntar a don Mariano lo siguiente: ¿de qué nación española debemos sentirnos orgullosos los españoles? ¿De la nación de ciudadanos decentes que él mismo dice encarnar? ¿De la que durante siglos ha condenado a la hoguera, a la horca o al ostracismo a quienes no seguían los dogmas de los diferentes regímenes? ¿Del país que cada día genera cientos de nuevos ídolos de oro con pies de barro mientras nuestros científicos, médicos, ingenieros e intelectuales deben exiliarse en busca de mercados más generosos?

¿De la nación que ve cómo cada año desaparecen miles de hectáreas de bosques mientras millones de metros cuadrados se ven poblados por selvas de ladrillo, cemento y hormigón? ¿De la nación que, una vez más, figura en el furgón de cola en lo que a educación se refiere mientras las televisiones, públicas y privadas, son un auténtico escaparate de mediocridad, indecencia y mal gusto?

¿Del país en el que cientos de miles de ciudadanos apenas si consiguen llegar a fin de mes mientras grandes fortunas airean su opulencia? ¿De una nación supuestamente laica en la que la Iglesia continúa con sus seculares pretensiones de dominio, aleccionamiento y evangelización en todos los frentes sociales? ¿Orgullosos, en fin, de un país en el que, por no respetar, no respetamos ni a nuestra bendita lengua castellana".


Aínda poderíamos engadir que fan ben en encherse de ardor patrioteiro o día 12 de outubro, o final é solo un día, mentres, o resto do ano mais parece que o dedican a destruír a nosa patria, sexa esta España, Galicia, Euskadi, etc. fan festa un día porque a eles vailles ben e vaille mellor aínda a os poderosos que se benefician con os seus actos, mentres, o pobo, ten de loitar diariamente contra decisións que nos prexudican, destrúen, venden e contaminan a nosa terra e malgastan o froito do noso traballo en cousas que de nada nos serven.

Non estamos orgullosos das Térmicas de Endesa, nin do embalses de Fenosa, nin dos parques eólicos de Gamesa, nin das piscifactorías de Pescanova, nin das plantas de Reganosa, nin dos AVES de ADIF, nin das autopistas que destrúen a nosa terra para beneficio das constructoras, nin de sermos o pais con mais mortos nas estradas, e con mais mortos no traballo porque non hai cartos para pagar inspectores de traballo, nin do que ten menos camas de hospital por mil habitantes, nin do que ten menos salario mínimo (para 2012 queren por 880 euros, a metade da media europea,e os sindicatos caéndolles a baba),nin das minicentrais que matan os nosos ríos. nin...

Tampouco estamos orgullosos de ver a diario, nos medios, as cortinas de fume que nos mandan en forma de bandeiras, autonomías,estatutos, monarquía ou república,ETA,etc. que pouco nos afectan, mentres temos prezos europeos e salarios "españois", fronte as grandes empresas que aumentan os seus lucros en mais do 35 por cento de un ano para outro, o traballo que se precariza mentres multinacionais "españolas" (na realidade ex-españolas agora son de inversores estranxeiros) seguen a destruír Latinoamérica igual que empezaron a facer a finais do século XV. Por certo que poderían escoller outra data que non coincidira con o inicio do maior xenocidio da historia e que aínda continua hoxe en día por medio desas "multinacionais españolas" que, dende logo, para o pobo non son a nosa patria por moito que se xunten entre eles e os acompañen ás xiras internacionais.

A nosa patria é a que os cidadáns, verdadeiros patriotas, defendemos todos os dias fronte a os que defenden e representan os intereses do grande capital, os que defendemos as nosas montañas, os nosos ríos,e o noso litoral fronte a especulación que todo o compra.Os que saímos á rúa para dicirlle a os que pretenden "representarnos" que non o fan e que as súas decisións son en contra do noso interese por moitas vendas nos ollos que nos queiran poñer.Os que esiximos que certos investimentos deberían ser consultados a o pobo e non decididos por persoeiros que solo miran polo seu interese e o dos seus amos, aínda que para eso teñan que vender a nosa patria o noso medio e os recursos que tanto traballo custou xerar á clase traballadora.

Por orgullo a esa terra e a esa patria haberá moitos, que creen en bandeiras, dispostos a enrolarse nelas aínda que,seguramente, con un crespón negro por causa das desfeitas que están a atentar gravemente contra a súa riqueza, tanto humana como animal e natural.Pouco temos que festexar vendo a diario o que estamos vendo mentres esperamos que alguén, de verdade, represente e defenda os nosos intereses.