Skip to main content

ESCRITO A M. AMBIENTE

Posted in

Actualización 14 de outubro:

O noso departamento xurídico púxose en contacto con a Delegación de Medio Ambiente de Ourense e foi informado de que "están a estudar se lles é permitido dar copia do plan de aprovietamento cinexético". Levan mes e medio "estudando" o asunto. Parece que debería ser cousa pública con nada para esconder, e tamén que deberían saber xá o que lles está permitido e o que non.

Temos confianza no novo Delegado, pola sua trajectoria honesta, e confiamos en que os estudos dos tecores estexan á disposición dos demais interesados na conservación da fauna e do medio, para sabermos que as cousas se fan ben. Cousa que, por outra parte, debería ser comprobada pola propia Delegación, non sexa que carezcan da seriedade necesaria e sexa solo un trámite a o que se fai pouco caso.

-----------------------------------------------------------------------------------------

Con a preocupación que manifestábamos no artigo titulado “CAZA IRRACIONAL”; sobre a enorme falta de animais no monte, en contraste con o optimista folleto da Conselleria de Medio Ambiente no que se pretende que se poidan cazar lobos, muflóns, etc. , cando non se ven nin perdices en moitos lugares; encamiñamos o Delegado de Medio Ambiente de Ourense, con data 10 de setembro, un escrito solicitando o plan de aproveitamento cinexético de algún tecor, a ver se podemos saber, con base a os estudios destas organizacións, se a nosa preocupación é real ou existen mais animais e somos nós quen non os ve.

Somos moitos os que, non sendo cazadores, estamos a diario no monte, tanto no verán como no inverno, así como durante a recolleita de setas no outono, e temos algunha idea do que hai e do que non, sobre todo os que nos criamos nese entorno.

Compre dicir que, persoalmente e dentro do grupo dos que acudimos a facer sendeirismo e outras actividades, nunca nos atopamos con cazadores durante a época estival coidando ou verificando o estado do monte. Estamos seguros que pronto han de aparecer para ver se matan algún animal, pero gustaríanos que se puideran ver mais a miúdo tratando de que estes animais, que despois van a cazar, teñan os medios necesarios para se reproducir e criar durante a época que lle corresponde.Coidar que non haxa incendios, limpar os lugares de risco ou plantar comida para que se alimenten e para que non derramen as colleitas. Sabemos que algún tecor o fai pero outros moitos non.

Estamos moi preocupados tanto pola enorme cantidade de “deportistas” e ”os mais ecoloxistas” ,como algún deles se denomina, que sabemos que aparecerán no monte a partir do día 21 de outubro que comeza a tempada “oficial” de caza, como con a total ausencia destes “ecoloxistas”, fora desa época, coidando do medio e da fauna.