Skip to main content

MUIÑOS QUE MATAN

Posted in

xeradores que matanA enorme e rápida proliferación de parque eólicos segue a contaminar os montes e espacios naturais de Galicia. Víctimas inocentes as rapaces que, se deberían constituír unha presencia normal e abundante nas nosas montañas, está a ser rarezas cada día mais escasas e que se contan por unidades. Motivo fundamental de súa desaparición a masacre que sofren a causa das aspas destes modernos muíños de vento. Loxicamente a patronal do sector, preocupada so polo lucro a conta do noso patrimonio asegura que “non molestan ás aves”.

Mentres os servicios básicos en Galicia están abandonados por parte da administración, as licencias para situar estes enormes aparatos nos lugares mellor preservados da nosa terra e no que é patrimonio de todos, son outorgadas con inusitada rapidez. Galicia, no entanto, segue a sufrir carencias incluso no subministro eléctrico e, pese á proliferación destas enerxías “renovables” (que non o son xa que estamos a ver que xeran enormes prexuízos e ocupan ecosistemas protexidos) seguimos a ter as mesmas industrias contaminantes, como Meirama ou As Pontes, así como os encoros, minicentrais, etc. Ou sexa, seguimos cargando con as industrias contaminantes e , ademais, temos que cargar tamén con estes monstros, tanto nas montañas como,proximamente, no noso litoral e no mar.

A patronal do sector ten recorrida a lei galega que prevé unha aportación dos beneficios destas industrias para a comunidade. Pretenden que lles concedan as licencias no goberno central para aforrar un dez por cento de contribución á terra que destrúen. Seguirán a utilizar a nosa terra como lugar para xerar beneficios, acumulando aquí todos os inventos que lles dan a oportunidade de gañar cartos e seguirán mantendo as que destrúen o noso aire e os nosos ríos. Quedaremos en Galicia, e gracias a estas empresas e a os seus cómplices que as autorizan, con todo o malo e sen beneficio algún. Porque traen todo o “moderno” pero non quitan nada do antigo e mais contaminante.

Galicia seguirá vendo como se destroe o seu territorio e seu medio ambiente para que o grande capital leve os cartos e os servicios para Madrid e outros centros mais "importantes". Ou sexa: seguirán mexando por nós, ou dito mais "finamente": seguiremos a criar a vaquiña para que outros lle beban o leite...