Skip to main content

SOLUCIÓNS "INTELIXENTES"

Posted in

projecto ampliación puente randeAs noticias para os vigueses non deixan de mellorar, entre o AVE e os proyectos de AUDASA e da Consellería de Politica Territorial, os residentes en Teis ( e demais barrios) que se preparen para vivir á sombra dos viaductos. Ampliación do Puente de Rande e da autopista hasta García Barbón... ¿e depois qué? ¿un viaducto por todo García Barbón e rúas limítrofes para desconxestionar o tráfico que vai chegar por esas "infraestructuras"?.

Qué mais dá, o caso é que as concesionarias de autopistas gañen cartos eses aniños (10 ou 15) de atascos na entrada de Vigo e depois , tal vez, empecen a construir o tren de cercanías. Para entón o feito queda feito, as casas metidas entre asfalto, fume e viaductos, e o verde de Vigo desaparecido, se cadra coincide con o aterro total da Ría para que algunhas empresas se fagan con terreo de altísimas plusvalías, á conta dos Vigueses.

Por certo o projecto da autovía de Pontevedra a Porriño con saída para o aeroporto parece que segue. Adeus Redondela (xa pouco queda) e ladeira do monte da Madroa que vai quedar arrasada, adeus tamén ó vale de Redondela a Porriño e á tranquilidade das suas vilas. En Ibiza pararon a autopista que iba ó aeroporto, nuha illa vese mellor que caben os coches que caben e non caben mais, por moita autopista que fagan. Galicia é unha illa na península e a Terra é unha illa no espazo.