Skip to main content

ATENCIÓN ¡PERIGO!

Posted in

exterminio de rapososNoticia curiosísima, amplamente difundida polos colectivos de cazadores, vale a pena ler, que mostra as campañas pueriles que se utilizan con o fin de conseguir autorización para batidas de caza, de raposos ou do que sexa. Os “acosados” e “aterrorizados” veciños que se ven “acurralados” polos raposos que incluso “lles comen na pota dos cans”  e de tan “asustados” que están reclaman que, a mellor solución, é que veñan os valentes cazadores facer unha batida para rescatalos de tan terrible situación.

 “Incluso poden infectar ó gando”, segundo os autorizados coñecementos dos paisanos, tal vez instruídos por algún interesado na batida, que non saben dos 30.000 patos con gripe aviar que diversos tecores tiñan encomendados en Portugal e que, de milagre, non viñeron repoboar os nosos montes hai un mes.


Surrealista tamén o feito de que, en lugares onde a unión prima pola súa ausencia e onde cada un vai “ó seu”, se xunten para recoller sinaturas reclamando a “batida” ¿quen seria o organizador desa recollida de sinaturas?. O que se di un pobo unido e organizado, agora están preocupados pola falta de resposta da Delegación de Medio Ambiente. De seguro que non teñen mais o que facer.


Supoñemos que intencionadamente esquecen tamén que hai outros sistemas de controle dos excesos de poboacións animais (nos casos verificados por persoal competente) que non implican botar ó monte unha morea de paisanos armados con escopetas e que, unha vez alí, lle tiran ó que se lles poña por diante.

Con bastante frecuencia aparecen na prensa interesadas noticias deste estilo, para antecedente a “praga” de patos en Sandiás do ano pasado. Como non hai patos, os catro que viron alá deberon parecerlles unha invasión. Tamén reclamaban una batida porque lles comían o trigo (haberá que buscar patos carnívoros).