Skip to main content

TRIUNFO PARA OS ANIMAIS

Posted in

zorzal realPor unha vez temos que nos alegrar de que unha Consellería de Medio Ambiente, significativamente en Cataluña, teña escoitado a os cidadans e suspendida a aprobación de un decreto que legalizaba unha práctica "tradicional" de caza indiscriminada.

O prazer é maior por termos participado nesta campaña.

Outra vez a diversión de seres que se chaman "racionais" e a tradición mal entendida están a ter como víctimas os animais, case é un milagre que queden algúns ante o constante acoso do que, por unha causa ou outra, son obxecto. Hai que preguntarse cando a especie humana vai ter un pouco de "sentidiño" e dedicar a súa suposta superioridade intelectual a coidar dos indefensos. Esperemos que esa cautela non chegue cando non haxa mais remedio e esteamos solos no mundo con as demais especies extinguidas.

A noticia do xornal, ademais, fálanos de cousas que nos son bastante familiares. Un delegado de medio ambiente que non actúa contra os cazadores que se extralimitan, non cursa as denuncias dos axentes e cando as cursa por esixencia legal, actúa como testemuña da defensa dos infractores que foron denunciados polos seus propios axentes.

Con estes "defensores", ao medio ambiente non lle compren inimigos xa se dixo algunha vez que mais que encargados de defendelo semellan os encargados de lexitimar a súa destrucción mediante licencias, permisos, concesións, etc. que destrúen o patrimonio medioambiental de todos. Axentes dos intereses económicos que aí os poñen para legalizar e lexitimar o espolio do patrimonio natural.

 

AdjuntoTamaño
Vanguardia pegamento pájaros.pdf282.32 KB