Skip to main content

MOITO LUXO E POUCO PAN

Posted in

Mentres que, segundo os nosos "representantes políticos", somos o pais de Europa con mais kilómetros de autopistas e de AVE, Alemaña incluída,estamos á cabeza tamén en mortes nas estradas e en mortes no traballo.Tamén somos o país da UE que ocupa os últimos lugares en renda “per cápita”,salarios, camas de hospital por mil habitantes,salario mínimo, axudas á familia, etc.

Cumpría ver o que habería de pasar se, o mesmo empeño, esforzo financeiro, rapidez de xestións, interese político e orxía de millóns que se manexan e con que se executan proxectos e obras de autopistas, AVE, parque eólicos, etc. se puxera na construcción de hospitais públicos, construcción de vivendas de protección oficial, transporte público, axudas a terceira idade, conservación e coidados do monte para prever incendios,etc. De seguro que o noso nivel e calidade de vida sería ben mellor.

Se os poderes públicos seica están para servir ó pobo ¿por qué logo se empregan tantos medios en  obras faraónicas, cando carecemos dos servicios básicos? ¿Qué tipo de enquisa leva ós gobernantes a primar tais despilfarros de cartos en obras megalómanas (o da Cidade da Cultura, nun país europeo, tería resultado de cárcel para moitos), en lugar de utilizalos para cubrir as necesidades básicas do pobo?¿Están realmente servindo ós intereses e as inquedanzas da cidadanía a que din representar? ¿por qué non se fan referenduns con mais frecuencia e para asuntos que DE VERDADE nos nteresan? O que parece non é así.

A o que parece, o que está acontecendo é que os traballadores, con os nosos impostos e o noso traballo, o que estamos é contribuíndo a enriquecer as contas de resultados das grandes empresas, como pode ser a industria automobilística, a industria petroleira, as constructoras,as eléctricas,etc. pagando ademais un enorme prezo en vidas humanas nas estradas e en destrucción do noso medio ambiente.

Ultimamente, é a vista dos casos que teñen acontecido, algúns empezan a poñer en dúbida a lexitimidade que teñen certos representantes da "soberanía popular" para tomar certas decisións que toman, algunhas en clara contradicción con os intereses da cidadanía e en moitos casos amplamente contestados po esa mesma cidadanía, cando non tomadas ás costas dos interesados e sen o seu coñecemento ata que é tarde demais.

É certo que a maioría destes "representantes" foron elixidos nas urnas, pero tamén o é o feito de que, unha vez instalados no poder, e durante o tempo que o exercen, nada lles impide de actuar contra os intereses de quen os elixiu, sen que os electores poidan facer nada por impedilo ou retiralos do cargo. O argumento de que pagarán , nas seguintes eleccións, o prezo político, de puco consolo serve, unha vez levada a cabo a desfeita e logo de que os interesados sacaran o correspondente rédito económico.

En moitos casos mais semella de que, sexa quen sexa o electo, estaba previamente aliñado con certos intereses económicos e nada hai que puidera impedir a desfeita, xa que, na maioría dos casos vemos que cando uns defenden unha postura na oposición, eses mesmos defenden a contraria no poder, ben coincidindo no tempo pero en diferentes administracións, ou ben cando alternan a situación de goberno e oposición. O problema acaba sendo que o político sempre promete o paraíso cando está na oposición,para acceder ele a ese poder, pero cando está no goberno TEN QUE FACER a mesma política imposta dende arriba.

Ó final todo semella unha grande farsa, na que algúns están como figurantes, para vendernos a entrega total da sociedade ós grandes intereses económicos e, tamén, para dar lexitimidade á apropiación do ben común, sexan ríos, montes, explotacións do medio natural,por parte deses grandes intereses, sen reparar que, o medio natural, é propiedade de todos e ninguén debería ter autoridade suficiente para estragalo, vendelo ou deixar que os intereses económicos se apropien desa riqueza que é de todos e dos nosos descendentes, así como de que ese medio, tamén pertence, en parte, a outros seres vivos que del precisan e sen o cal non poden seguir existindo. Estes seres, que non teñen medios de se defender, deben estar tamén nas reivindicacións da titularidade universal do medio natural, así como na prohibición da súa destrucción ou alteración significativa.

A entrega ou destrucción dese medio non só debería estar totalmente prohibido como tamén debería constituír un dos maiores crimes contra a vida mesma, e así ser perseguido e penalizado. O desenrolo e o progreso sempre debería ser feito en función dos medios dispoñibles xa que a demagoxia de progreso non pode levar ó esgotamento total, como está acontecendo, de recursos tanto minerais, como vexetais e animais do planeta.

A única maneira de que eso poida ser unha meta factible é a reducción da producción e do tal "crecemento" que só será sustentable cando os requirimentos da poboación se axusten á renovación do que se consume. Esto, evidentemente é imposible con a pretensión das grandes corporacións de que ano tras ano, as ventas aumenten, así como os beneficios, para o que se require mais consumidores e mais consumo deses medios que son finitos.

Requírese polo tanto, non só un controle, dos intereses prioritarios e das inversións necesarias, por parte dos cidadáns, o que o día de hoxe asemella unha tarefa case imposible, senón que, ademais, é indispensable un cambio radical no modelo de crecemento o que implica un controle da natalidade e unha política, a longo prazo, de reducción dos individuos da nosa especie. A razón é obvia xa que, a pesares da desfeita medioambiental existente hoxe en día, tal desfeita é consecuencia do consumo de só un vinte por cento dos habitantes do mundo.Pretender que o total dos humanos acceda ós niveis de consumo do primeiro mundo, no só é un engano os pobos desfavorecidos,como ademais requiriría a existencia de hasta dez veces os recursos que existen na Terra.

Hoxe en día, no noso país e nos do entorno, vemos como todos os profesionais da política, matices pouco importantes aparte, defenden as mesmas prerrogativas de grandes lucros para as grandes empresas e o controle estricto dos salarios e dos beneficios sociais. Priman o despilfarro en actuacións destructivas do medios e nocivas para os intereses e a saúde ambiental dos cidadáns. Asemella como se estiveran todos entregados a unha orxía de destrucción para sacar o último proveito de un mundo que vai, sen remedio, desaparecer para facer cartos e todos queren sacar algunha tallada antes de que acabe.

As empresas seguen a elevar, ano tras ano, os seus beneficios por enriba do trinta por cento, mentres os traballadores han de se conformar con subas do dous. Din que é para que non aumente a inflación, como  se os grandes lucros, en masas monetarias que superan a dos salarios, non xerasen inflación. Entregase o medio natural á codícia das grandes empresas, privatizase o uso de ríos para construír encoros, os montes para parques eólicos,as montañas para vendelas como pedra de canteiras,o litoral para piscifactorías,etc. e con eso ningún goberno se mete.A diferencia entre eles é de pequenos detalles, pero no importante están todos de acordo, así vemos como todos defenden obras de autovías, AVE, piscifactorías, encoros, etc. e ningún trata de paliar as mortes nas estradas fomentando o transporte público, ou aumentar o número de hospitais ou mellorar a asistencia á terceira idade é á familia,etc. asemella que sexamos un país con todas as necesidades básicas atendidas e agora compre gastar os cartos en inutilidades e en destruír o pouco que queda de medio natural.

Os figurantes aparecen nesas obras para contarnos, non os cartos que van gañar as empresas que as fan e que serían mais útiles para outras cousas, senón o "bo" que vai ser para todos nós unirnos ó "progreso", aínda que o veciño dun parque eólico non teña luz nin transporte para ir ó hospital.Leen unhas declaración sobre asuntos dos que non entenden nada e que lle foron escritas por algún representante de unha empresa con intereses no caso, cambian de un cargo para outro como se foran enciclopédicos que para todo serven,colocan cascos ridículos cando vistan obras en momentos sen perigo algún, e seguen en súa tarefa de enganar ó pobo e darlle os cartos, que serían definitivos para o noso benestar, ás empresas que financian a existencia desa "casta" para mellor apropiarse do ben común e gobernar o mundo con mais facilidade.

A impresión é que chegamos a unha degradación total da democracia mediante a compra previa dos candidatos por parte dos poderes fácticos e económicos, a lexitimación dos actos deses poderes mediante un voto que vai ir parar, irremediablemente, a un representante de eses intereses, á falla total de controle dos actos que tais representantes levan a cabo,a un pobo totalmente controlado e dominado polos medios de comunicación, propiedade e ó servicio, deses mesmos poderes económicos, a anulación final dos representantes sindicais dos traballadores, hoxe convertidos en secuaces e escravos de un sistema que os mantén, fallos de base social, para asinar as maiores falcatruadas en contra dos intereses dos traballadores os que se pretende, por parte do sistema, que representan, e a o consumo e destrucción total da natureza para acadar certas "metas económicas" que, ó final, será o fin da vida natural na Terra e a desaparición da fauna e flora silvestre con a degradación paisaxística e a artificialización total do rural mediante o asfalto e a chapa galvanizada, con coches correndo por onde o deberían estar facendo os animais que desaparecen por invasión e destrucción do seu hábitat, pola falla de sosego para a súa reproducción e polo parcelamento e cerramento do seu territorio con as valas das autopistas e AVES, por falla de alimento, por destrucción de acuíferos e falla de agoa potable e limpa, pola sobreexplotacion da caza e da pesca, e pola irracionalidade do que se supón o ser mais racional do planeta e que, no final, revelouse a mis letal para a vida da Terra, a súa incluída, O HOME e a súa codicia.