Skip to main content

PRESUPOSTOS CONTAMINANTES

Posted in

Pintada anti AVEA pesar dos grandes discursos na sede da ONU, o noso goberno segue apostando por continuar a contaminar e a destruír o medio ambiente fomentando o transporte individual, a construcción de autovías hasta os últimos recunchos do País, e o AVe que,ademais destes dous prexuízos, está a acaparar recursos inxentes nunha infraestructura elitista e cara, cando temos graves carencias de servicios básicos na nosa Comunidade.

O presidente da Xunta demanda ¡Por Fin! trens de cercanías para Galicia pero mentres tanto e na práctica, seguen a proxectar accesos por autopistas ás cidades esquecendo que eso non resolve os atascos porque á hora de entrar na cidade o atasco é inevitable xa que na cidade non caben mais coches.

Cartos para accesos ó aeroporto de Peinador e para un aparcadoiro novo, cando hoxe hai atascos en todos os accesos ó aeroporto e para chegar e saír do aparcadoiro, porque o barrio de Peinador é pequeno e antes de aparcar hai que chegar alí. Hai moito que este aeroporto, e os outros precisan de un tren de cercanías que saia do centro da cidade, habilitado para equipaxes e con frecuencia racional, o que evitaría os atascos, todos os pasaxeiros chegarían a hora e aforraríase moito en combustible, tempo, contaminación é destrucción do pouco rural que queda en Vigo. Pero o problema é que o aparcadoiro do aeroporto é un negocio de ouro.

Os presupostos do próximo ano continúan nesa liña    "1.942 millones de euros, un 10,7% más que en el presente ejercicio según los Presupuestos Generales cuya tramitación comenzó ayer en las Cortes. El grueso de este dinero (1.427 millones) está destinado a infraestructuras viarias, sobre todo las ferroviarias, para las que están consignadas 696 millones, un 35% de la cifra total de las inversiones"

Canto á oposición e a pesares das manifestacións do portavoz de transportes, reclamando transporte por tren de cercanías, das que xa nos fixemos eco nesta páxina,agora levantan o debate esixindo mil millóns mais. Nada de reclamar o que é obvio e necesario para o ben dos cidadáns e para a súa seguridade, seguen na mesma liña porque frear  o desenrolo do automóbil é meterse con xente de moito poder, así que, para parecer diferentes peléxanse polo monto dos cartos e non por a súa finalidade.

Falan de quintuplicar con o AVE o volume de pasaxeiros do tren Ourense Vigo, a este paso e tendo en conta o desmantelamento do tren convencional, os seus horarios surrealistas (non chega ningún tren a Vigo dende Ourense antes das nove da mañá) e o percurso lonxe de calquera centro de transportes (estación de autobuses, aeroporto, etc.), que non facilitan o seu uso, dentro de poucos meses mais poderían dicir que van centuplicar, porque desta maneira ninguén ve o actual tren convencional como un medio práctico de transporte porque así o fixeron os responsables de telo modernizado, ampliado as liñas, etc. obrigáronnos a utilizar o coche par maior glorias da industria automobilística, petroleira,constructora, etc. como xa se dixo nós puxemos os cartos e os mortos.