Skip to main content

AVE POR MASIDE E CERDEDO

Posted in

accidente en obra do aveAcaba de saír no BOE de hoxe, día 21 de setembro de 2007, a exposición pública do estudio informativo do AVE Vigo - Ourense por Cerdedo. Xa sabemos que e un paripé para cubrir as aparencias porque o asunto xa está decidido e van acabar con a Serra do Suído e con o que faga falta porque "hai que facturar", aínda que as listas de espera continúen e o hospital comarcal de Carballiño non se fagan, pero se alguén pensa que vale de algo pode presentar alegacións.

Concellos afectados Maside, O Carballiño, Boborás, O Irixo, Beariz, Forcarei, Cerdedo, Cotobade, Campo Lameiro, Moraña e Barro, aínda que , curiosamente, ninguén é capaz de atopar os trazados do ave, feito e por facer, en mapa algún oficial para saber, a tempo, por onde é a desfeita. Secreto oficial hasta que che tiren a casa.

Os outros non sei, pero o Concello de Maside, entre autovía, ave e enlace do Carballiño vai a telo moi cru. Se alguén pasaba por alí indo pola estrada vella, agora non o vai facer solo para ver Maside, de maneira que vai quedar enterrado no medio de unha maraña de asfalto e chapa galvanizada e vai morrer de abandono. Quen teña unha casa que a venda cando aínda pode, porque ninguén vai poder vivir ó lado do barullo e da contaminación e ninguén vai comprar unha casa nin en Maside nin en Negrelle nin en lugar algún onde se escoiten os coches. Pobos e lugares tranquilos arruinados sen necesidade e por causa dos coches e de lles aforrar uns centos de metros, porque hai unha saída da autovía na estrada de Cea, como xa dixemos, na que poden saír para o Carballiño perfectamente sen necesidade de estragar tanta natureza, incluída a fraga de Amarante.

Por certo que hoxe sae na prensa que os da "autopista" que lle cerraron o camiño ós veciños da Touza, Laiantes,etc. que lles van facer outra 150 metros mais abaixo,a instancias do alcalde de Maside. Moitas gracias a os señores constructores que cerraron os camiños, con o permiso de non sabemos quen, por nos devolver o paso de acordo con a súa comodidade e gracias tamén ás autoridades que llo permitiron e non lles meteron unha boa multa impedindo a tempo o abuso e obrigándoos a reabrir o camiño porque, non esquezamos, a subida á Touza leva moitos meses pechada. Quen manda, manda...exemplo mellor non o hai.

Tamén serve de aviso, de cara á contrucción do enlace de Carballiño por Maside, a os que seguen pensando que, para comodidade coches, se compre, vivimos ainda que sexa embaixo dos viaductos. Xa ven como estes "tiburóns depredadeores" que constroen as "infraestructuras" respeitan os camiños tradicionais, fontes ou o que se lles poña por diante cando andan gañando cartos. Mentras, ás "autoridades" que mandan en nós, ante esta xente só lles queda "solicitar", "negociar" e pedirlles por favor que nos devolvan, "se poden", os nosos dereitos e, de paso, ver se lles toca algo do pastel.

 

AdjuntoTamaño
Estudio informativo AVE OU-VGO.txt2.3 KB