Skip to main content

MORRER NO CAMIÑO

Posted in

atasco en VigoSó no día de hoxe, 16 de setembro, nun xornal galego, e falando de Galicia, pero en particular dos atascos de Vigo e área metropolitana, así como das solucións (parches) que están en estudio, como a construcción de outra autovía dende Pontevedra hasta Porriño con enlace a Peinador, ampliación da Ponte de Rande, construcción de unha nova ponte, etc. case todos os comentarios levan á conclusión que as solucións propostas son parciais e de curta ou nula validade. Curta no caso de que dentro de pouco tempo, tal vez meses, xa haberá outro atasco en un lugar próximo á “infraestructura” recen feita e nula solución no caso  de tentar resolver os múltiples atascos que hai en todas as grandes áreas de Galicia.

Tamén, na mesma edición se fala do tremendo número de accidentes que suceden entre Vigo e as cidades do entorno como Porriño, Redondela,Cangas,etc. tendo como víctimas conductores que van ó seu traballo todos os días e que teñen que utilizar o vehículo particular por falta de transporte público. Non esquezamos que, na estrada, non hai solo conductores profesionais, tamén hai quen xa non ten os suficientes reflexos, imprudentes, persoas as que non lles gusta en absoluto conducir, etc. Todos están xuntos e dependen uns dos outros para evitar ou ocasionar accidentes. Cando estas variables se xuntan o resultado son os mortos na estrada.

Tamén se fala dende o goberno da Comunidade, nun reflexo, tal vez subconsciente e un lóstrego de realismo, de que a metade do territorio urbano está  ocupado polo automóbil e o transporte motorizado. Está ben escrito A METADE do territorio, con o que de destrucción medioambiental e contaminación que tal feito implica.

O caso é que, se todos os implicados, empezando polos cidadáns, saben que a solución non é seguir facendo autovías e autoestradas, que o que compre é retirar coches das estradas e poñer transporte público eficaz e seguro para que a xente vaia traballar sen se preocupar de se matar no camiño, ¿qué compre facer para que os responsables do asunto, como a Consellería de Política Territorial, se deixen de unha vez de seguir intentando, moitas veces pola calada, colocarnos mais asfalto e chapa galvanizada diante da casa, e escoitar ós que pagamos por esa desfeita?.

Hai moita xente morrendo por causa da suposta incapacidade e incompetencia, aparente porque non creo que ninguén sexa tan cego, dos responsables da nosa mobilidade. Galicia carece de unha rede de transporte de proximidades por tren, tal vez sexa a única comunidade que está nesa situación, andamos en coche porque non hai outro remedio, a maioría non queremos porque temos que aturar atascos, na estrada e na cidade, despois non hai onde aparcar ou temos que darlle os cartos ós do negocio dos aparcadoiros, gastamos moito en combustible caro, hai que pagar peaxes, e ademais arriscamos a vida. A quen lle guste que vaia en coche e que pague polo que contamina, pero a quen non que lle dean a oportunidade de ir traballar en transporte público e, eso si, que poida chegar ó traballo no mesmo día.

Bastantes cartos gañaron xa as constructoras de autovías, as petroleiras, os aparcadoiros, a industria do automóbil, as ITV`s, as concesionarias de autopistas de peaxe, a recadación de multas, etc. á conta dos que morren nas estradas. Compre agora mirar algo mais polos cidadáns.