Skip to main content

ALERTA NO BRASIL

Posted in

AMAZONIAMoi preocupantes son as noticias dos incendios que están arrasando varios parques naturais do Brasil denominados "chapada" ; Chapada dos Guimaraes, Chapada Diamantina e Chapada dos Veadeiros. Mais grave aínda, se cabe, despois das noticias que apuntan o grande desembarco de multinacionais interesadas nas terras desta país para plantar agrocombustibles.


Estes incendios, unidos á acelerada destrucción da Amazonia (17.000 km2 no último ano), que está a mobilizar o pobo e artistas brasileiros, son motivo de preocupación por un ecosistema inigualable, orgullo dos brasileiros e admiración do resto do mundo.
Cabe dicir que, esporadicamente, xurden campañas no Brasil sobre a propiedade da Amazonia e a suposta intervención estranxeira que tentaría apoderarse desa inmensa riqueza natural.Estas campañas apelan a o nacionalismo do pobo dese País en defensa da non inxerencia, tanto de institucións culturais como ecoloxistas, nos asuntos da Amazonia. Nestas campañas chegase a afirmar que as organizacións ecoloxistas poderían ser a infiltración de intereses estranxeiros para apropiarse da selva.


Normalmente organizadas pola oligarquía do país, tentase evitar a denuncia dos abusos e da destrucción que esa oligarquía, xunto con multinacionais de fora do país,están a realizar para proveito de uns poucos terratenentes e grandes empresarios, nacionais e estranxeiros,que hoxe campan con enteira impunidade na destrucción desa riqueza imposible de reproducir.Utilizan a opinión pública para preservar a súa impunidade na espoliación das riquezas da Amazonia e a súa destrucción.Eles son os propietarios actuais de unha rexión que están a destruír e non o pobo brasileiro o que solo utilizan para seus fins.


É evidente que o que importa é a conservación dese espacio natural, e ninguén tenta discutir a propiedade, do pobo brasileiro, sobre esa inmensa riqueza natural. É imprescindible que se deteña totalmente a destrucción da Amazonia. Unha destrucción da que se benefician algúns políticos corruptos, empresarios, moitos deles estranxeiros, sen escrúpulos que non ven mais aló do diñeiro rápido e fácil, e terratenentes que non dubidan en matar para salvagardar as súas prebendas. Na medida en que a deforestación da Amazonia se deteña totalmente e a súa pervivencia estea garantizada, ninguén, mais que os propios brasileiros, estarán falando continuamente do seu coidado e si da súa beleza.