Skip to main content

O FUTURO QUE QUEREMOS

Posted in

lugar sen infraestructurasHoxe aínda oímos alguén dicir que un acontecemento, sexa festa,romaría, etc. tivo éxito porque
"había moitos coches" ou "había mais de... tantos coches".

Antes, cando había moi poucos si, agora que calquera ten un coche NON.
Agora o equivalente seria que houbera 20 ou 30 Jets privados. Non 200 ou 300 coches.
Os suízos van ás festas en trens. Ben bonitos por certo, e nas festas báixanse de trens coloridos no medio do bosque onde non se ve nin o primeiro coche, por respecto ó medio ambiente, para non o contaminar nin visual nin atmosféricamente con coches, e ter unha festa mais "natural".

Pero aquí aínda seguimos nos anos cincuenta, aínda que queiramos deixalos atrás. O problema é que seguimos na mesma idea de antes porque, a medida que consideramos idónea para pensar que xá "progresamos", é o número de coches que hai, ou de estradas, aínda que sexa no medio de unha aldea do Caurel.

Pensar así é atraso, e o primeiro requisito para deixar o atraso, e prever o futuro, é pensar con ideas de actualidade. Progresismo hoxe é conservacionismo, non coches,é medio ambiente, paisaxes naturais, transporte público, etc...

lugar con infraestructurasDentro de pouco tempo iso é o que terá valor e polo que se vai pagar por ver. Asfalto e chapa galvanizada haberá, xa hai, en todos os lugares, quen se libre desa peste do século XXI vai ter moito que gañar, en riqueza, en benestar e en calidade de vida.

Esixir hoxe autovías, circunvalacións, autopistas,etc. é vender o noso futuro e o noso sosego, é darlles lucro ás empresas que viven da destrucción do medio ambiente. Pan para hoxe e fame para mañá. Un mañá moi próximo cando ninguén vai querer morar o lado do ruído e da contaminación dos coches, non poder saír da casa nin ter animais por medo ós atropelos,non poder durmir polo ruído. Quen gañará será quen poida ofrecer paz e sosego para un vida plácida nun entorno natural, silencioso, non contaminado e con lugares apracibles para o paseo.