Skip to main content

TREN DE CERCANÍAS - Empezan a darnos a razón.

Posted in

vítima do automóvelAs declaracións de membros do PP sobre a conveniencia de empezar a construir trens de cercanías nas principais cidades de Galicia, para acadar unha disminución significativa de automóveis nas estradas e rúas, lembra o pirómano que se presenta o primeiro en apagar o lume. Pensemos que foi durante o mandato dese partido cando mais autovías, AVE, e incluso corredoiras se asfaltaron nunha orxía de gasto e destrucción do territorio.
No entanto, consideramos que deberíamos darlle apoio e resonancia para tratar de que o asunto pase a formar parte do debate de actualidade, debido a súa transcendencia na seguridade vial e na promocion do transporte público.
Canto a os partidos "progresistas" que actualmente están no goberno e que deberían ser os primeiros en levantar o asunto e promovelo, que espabilen e se busquen a vida para que non lles tomen o lugar que deberían ocupar eles.
Dende "Matar por Matar NON" noso apoio total a quen defenda tais iniciativas para rematar con o baño de sangue nas estradas ,a destrucción do medio ambiente, o cambio climático, e a invasión do automóviel e súas "infraestructuras" en todos os espazos urbans, así como no rural e no sosego de quen ali mora.