Skip to main content

CAZA O ANO TODO - Perigo no monte

Posted in

valente xabarín abatido

ACTUALIZACION 15 de outubro.

Como xa dixemos, confiamos no bo talante e na rectitude do novo Delegado de Medio Ambiente. En consonancia con tal criterio, enviámoslle un escrito, con esta data, solicitando que se extreme a vixilancia na comarca, a causa das infraccións a lei de caza que se están dando incluso antes de que a tempada de caza menor comence. Tamén encamiñamos copia a o SEPRONA.

Animamos a todos os veciños que observen infraccións na caza, sobre todo en seguridade de terceiros, das que informamos en "información ó cidadán e leis", que avisen a o SEPRONA. O teléfono é 988 270 092, confiamos que as denuncias empecen a "ir adiante".

 

ACTUALIZACIÓN 14 de outubro.

Noticia da morte de un pacífico sendeirista o sabado día 14, por parte de cazadores que, moi probablemente, non estaban a respectar as zonas de seguridade.

Ainda por enriba hai alguns destes suxeitos que se andan jactando de que lles quitan as multas na Delegación de Medio Ambiente . A cousa non é nova porque xa escoitamos tamén algún garda de Medio Ambiente se queixar de que non vale a pena denunciar infraccións de caza porque non van adiante. Incluso ten se dado o caso de que, ademais de non continuar o expediente de infracción, parece ser que o infractor é informado de quén foi o denunciante.

Nestes dias incluso antes de comezar a tempada de caza menor xa andan alguns "delincuentes" retirando sinais de "Refúxio de fauna" e entrenando os cans en zonas queimadas onde é prohibido cazar durante tres anos. ESPERAMOS MEDIDAS PARA A NOSA PROTECCIÓN.

-------------------------------------------------------------------------------------------------

Como vimos denunciando, a caza (e os accidentes) non para en todo o ano. Vexan senon a orden de vedas. Os que pensaban que era só no outono e no inverno, están sendo enganados pola propaganda oficial e polo poderoso "clan" dos cazadores.

Ahí vai o programa de "campionatos" de verán que, seguramente para xustificar as suculentas subvencións que receben das Consellerías de Medio Ambiente e de Cultura e Deporte, están a ser realizados. Aclarar que "San Huberto" non é unha romaría, son perdices mansas que soltan nunha eira e as "cazan" . Se a isto lle chaman deporte ós demais parecenos sede de sangue fácil. Tamén están a abundar as batidas de xabarín, sen aviso ós paseantes, e en lugares con risco de incendio. Ninguén cree, tampouco, que nestas batidas se maten só xabaríns.

22 Xullo 2007 - Campionato Provincial de Ourense de San Huberto
Lugar: Xinzo de Limia
Modalidade: San Huberto

27-29 Xullo 2007 - Campionato de España de Percorridos de Caza
Lugar: Castillejo de Robledo (Soria)
Modalidade: Percorridos de caza

12 Agosto 2007 - Copa Federación Pontevedra de Cans de Parada
Lugar: Tecor 'A Rosaleña', O Rosal
Modalidade: Cans de parada

18 Agosto 2007 - Campionato Provincial de A Coruña de San Huberto
Lugar: Zona de Caza San Felix (Monfero)
Modalidade: San Huberto

26 Agosto 2007 - Campionato Galego de San Huberto
Lugar: Sedes, Narón (A Coruña)
Modalidade: San Huberto

9 Setembro 2007 - Campionato Galego de Caza con Arco ao Voo
Lugar: Poutomillos (Lugo)
Modalidade: Caza con arco ó voo

9 Setembro 2007 - Campionato Galego de Percorridos de Caza con Arco
Lugar: Poutomillos (Lugo)
Modalidade: Percorridos de caza con arco

8 e 9 Setembro 2007 - Campionato de España de San Huberto
Lugar: Murcia
Modalidade: San Huberto

13 Outubro 2007 - Campionato de España de Percorridos de Caza con Arco
Lugar: Castillejo de Robledo (Soria)
Modalidade: Percorridos de caza con arco

14 Outubro 2007 - Campionato de España de Caza con Arco ao Voo
Lugar: Castillejo de Robledo (Soria)
Modalidade: Caza con arco ó voo

27 Outubro 2007 - Campionato Provincial de Lugo de Caza Menor
Lugar:
Modalidade: Caza menor con can

27 Outubro 2007 - Campionato Provincial de A Coruña de Caza Menor
Lugar:
Modalidade: Caza menor con can

3 Novembro 2007 - Campionato Provincial de Pontevedra de Caza Menor
Lugar:
Modalidade: Caza menor con can

10 Novembro 2007 - Campionato Provincial de Ourense de Caza Menor
Lugar:
Modalidade: Caza menor con can

8 Decembro 2007 - Campionato Provincial de A Coruña de caza de arceas
Lugar:
Modalidade: Caza menor con can

15 Decembro 2007 - Campionato Galego de caza de arceas
Lugar:
Modalidade: Caza menor con can