Skip to main content

ENLACE CARBALLIÑO-AUTOPISTA

Posted in

ENLACE POR MASIDE

ENLACE DO CARBALLIÑO CON A AUTOPISTA OURENSE SANTIAGO -¡¡ NON POR MASIDE!!

10-10-2007 - Como todos saben pretendese construir, polo concello de Maside, o enlace do Carballiño con a autopista Ourense Santiago.
Este enlace sale desde O Barazal, pasa ó lado do Puzo do Lago e acaba en unha rotonda na Fontela, á entrada do Carballiño.
Vai ter un ancho de casi 20 metros, e cinco kilometros de largo.

Unha tremenda invasión na parte mais rústica e natural do Concello de Maside, que pode afectar, non só ó Puzo do Lago, como tamén ós restos arqueolóxicos existenes no seu percurso. Pero o mais grave, é o brutal impacto paisaxístico no entorno rural do concello, con as consabidas molestias para os veciños, non só durante as obras, senón que, principalmente, depois con o ruído e a contaminación do tráfico e a división e destrucción do territorio.
O pior de todo é que toda esa desfeita é totalmente innecesaria, xá que existe, de feito, un enlace con a autoestrada. Ese enlace é a carretera de Cea, unha carretera que está sendo moi pouco utilizada e que o será menos ainda cando remate a autoestrada a Santiago.


A estrada de Cea atravesa a autoestrada a menos de 3 kilómetros do Carballiño o que a converte nun acceso óptimo, e xá terminado, entre o Carballiño e a autoestrada. Incluso existe a posibilidade de ampliar a capacidade desa estrada con moito menos custo económico e impacto ambiental.


Ultimamente estannos facendo creer que o importante é que pasen os automóveis, os AVE, etc. ainda que para eso teñamos que renunciar á nosa calidade de vida, á nosa paisaxe, e ao noso medio ambiente e incluso, deixar que nos tiren a casa onde vivimos durante anos ou xeracións. Debemos repudiar eso e reivindicar que as melloras sexan para a mellora da nosa calidade de vida. Nós somos os importantes non os automóveis. Estas obran moven grandes intereses económicos e nos as venden como favor para mellorar o noso benestar. Se así fora construirían mais transportes públicos, ferrocarril de proximidades , etc. onde as persoas non se matan, non contaminan e non se forman xaulas onde os animais se extinguen ou morren atropelados.


Primeiro son as persoas que moran nos lugares que pensan derramar con este enlace, e en segundo lugar son os automóveis, que poden dar un pequeno rodeo para preservar a calidade de vida destas persoas. Quen queira ir en coche que se moleste algo mais, e que non se derrame a vida e o medio de tanta xente para que algúns fagan negocio ou para que os automóveis atallen un par de kilómetros.


Pensamos que non existe motivo técnico algún para que esta obra se leve a cabo, a non ser os intereses económicos xá que, evidentemente, trátase de un bo negocio para as constructoras, porque o custo do enlace programado é de uns 50 millóns de Euros. Diñeiro que, por utra parte, nos viría moi ben, entre outras cousas, para un tren de proximidades dende o Carballiño hasta Ourense ou un hospital comarcal.
Vamos requerir ás autoridades, locais e nacionais, para que, se de verdade queren velar polos nosos intereses, que esta obra non se realice, debido as seus altos custos sociais, paisaxísticos e mediambientais.


Asimismo pensamos que todos os veciños afectados, tanto de Maside como de Dacón, O Lago, Cimadevila, Rañestres, etc. e tamén os do Carballiño, que van perder unha magnífica zona para disfrutar do rural, que se comprometan nesta reivindicación.


Os veciños de Puxeiros e Mos puxeron nos balcóns e nas ventanas pancartas dicindo "Non á Autopista", as nossas ben poden decir "NON Ó ENLACE".