Skip to main content

O RIBEIRO CONTRA O LIXO

Posted in

Hoxe , día 12 de agosto, domingo, Festa do Pulpo no Carballiño, os encargados de facerlles o traballo sucio e autorizar as trapalladas a os empresarios (os políticos), que para eso cobran, estaban de festa.

Discurso no Concello, fotos, gaiteiros, igual que antes vaia. Namentras, do lado de fora, o povo, ó que enganan, manifestase, por enésima vez, contra estes que se din seus "representantes", pero que se teñen que por detrás da Guardia Civil cando se lles empeza a ver o "plumeiro". (Vexa a Galería de fotos).

Acompañámolos polo centro do Carballiño, con idea de facerlles compaña, xunto con os gaiteiros e as forzas da orden, ata o Recinto do Parque. Esperaron a estar fora dos ollares do pobo do Carballiño e deron orden á Guardia Civil para que non nos deixaran continuar pola vía pública.

Así son, moito "rollito" durante as eleccións, promesas de cambio, pero ó final, e cando chega a hora da verdade, tanto estes como os anteirores serven ó mesmo señor: O Poder Económico, que é quen DE VERDADE manda no mundo.

Continuaremos a decirlles que non nos enganan, nin con os postos de traballo na lixeira de Carballeda, nin con o AVE, nin as autopistas, nin historia algunha con a que tratan de vendernos o expolio que fan dos nosos recursos, a favor dos seus amos.