Skip to main content

CONSELLERIA DE M.A. E CAZA

Posted in

A consellería de Medio Ambiente segue a practicar un inexplicable favoritismo con os cazadores que, sabemos, non representa en modo algún o sentir da maioría dos galegos e galegas que, esta institución oficial, debería representar.

As cantidades que se citan (non esquezamos as que receben da Consellería de Cultura e Deporte, 700.000 euros no ano pasado) solo contribuen para destrozar o noso medioambiente e promover espectáculos como o "Campionato de Raposo" e "Tiro de pichón".

Lean o pedido da Sociedade Galega de Historia Natural á Consellería de Medio Ambiente... 

"SEGUROS E SEGURIDADE PARA TODOLOS CIDADÁNS NO MEDIO NATURAL
Petición da S.G.H.N. a Consellería de Medio Ambiente

A Consellería de Medio Ambiente acordou  recentemente adicar 560.000 Euros
do seu orzamento a subvencionar seguros para actividades de lecer de
particulares, concretamente seguros para que os titulares de terreos
cinexéticamente ordenados (TECORes, antigos coutos de caza) fagan fronte as
reclamacións de responsabilidade civil por accidentes de tráfico ocasionados
pola fauna que só eles poden cazar dentro dos seus TECORes.

Asimesmo, a Consellería de Medio Ambiente comezou recentemente una campaña
para incrementar a seguridade dos cazadores durante as batidas de caza, coa
distribución gratuíta de chalecos de alta visibilidade.

Por todo o devandito, a Sociedade Galega de Historia Natural ven de pedir á
Consellería de Medio Ambiente que tamén:
- Subvencione seguros para tódolos colectivos de cidadáns que, como os
cazadores, adican parte do seu tempo de lecer a actividades na natureza:
sendeirismo, montañismo, recollida de cogomelos e froitos silvestres, pesca,
observación de fauna e flora, fotografía da natureza, ciclismo de montaña,
etc.
- Distribúa tamén gratuitamente entre os devanditos colectivos chalecos de
alta visibilidade que axuden a reducir o seu perigo de ser víctimas
inocentes de accidentes de caza.

Estas peticións da S.G.H.N. son continuación da campaña para que a
Consellería de Medio Ambiente remate coas prebendas que da ós cazadores e
que supoñen un agravio comparativo para o resto dos cidadáns. Dita campaña
comezou a pasada semana coa petición á Consellería de que para a vindeira
tempada de caza instaure un carné de cazador por puntos (semellante ó que
entrerá en vigor para os conductores) e controles de alcoholemia e consumo
de drogas entre os cazadores."