Skip to main content

Medio Rural y su letal orden de vedas.

Posted in

03-09-2011 - Hemos remitido a la Conselleria de Medio Rural diferentes escritos a tenor de las absurdas normas y la excesiva permisividad para con el colectivo de la caza, contenidas en la orden de vedas de 2011, que creemos van a causar enormes perjuicios a la fauna e incluso a la flora gallega.
El primer escrito, así como la curiosa respuesta de dicha Consellería, lo hemos publicado en éste enlace.

Como muchas cuestiones eran pasadas por alto por parte del Director Xeral, le enviamos esta otra (omitimos el encabezamiento):

MANIFESTA:

Que agradecemos as súas puntualizacións sobre a data en que o raposo foi incluído na caza por danos, así como as autorizacións para cazar en zona vedada e de adestramento de cans. Como vostede ben sabe, as veces, hai cousas que de tan absurdas, insólitas e inesperadas, pasan desapercibidas, aínda que estean ben á vista. Foi o que pasou o ano pasado con esas sorprendentes e insólitas “novidades”.

Non consideramos que sexa detalle significativo aos efectos pretendidos.

O que para nos si é importante, sería que nos informe vostede do amparo legal que ten unha orden de vedas para contradicir o regulamento da caza de Galicia que prohibe a caza neses lugares.(1)

Tampouco modifica o feito de que a actual administración teña o moi dubidoso privilexio de ser a autora de incluír, nas ordes de vedas, unha disposición absurda e inédita en toda a historia da caza: Autorizar matanzas de raposos por danos. De feito esa mesma Conselleria, nun escrito oficial, recoñece non ter reclamacións por danos do raposo (con excepción das que fan os propios cazadores que queren organizar “batidas”, “campionatos” e festas de matar zorros).
Pensamos, como xa dixemos, que se trata de unha esixencia mais da FGC para atender aos seus negocios e subvencións a costa da fauna galega e dos galegos.

E pregámoslle que non nos fale de cumprir cos cupos dos POC xa que hai catro anos tivemos que asistir ao lastimoso espectáculo de que as nosas denuncias sobre as falsidades deses estudios, a súa elaboración en serie, as observacións de campo inventadas, así como a coincidencia incluso das mesmas faltas de ortografía en varios deles, non foran sequera investigados polo goberno da época.

Son “estudios” que solo serven para embaucar a esa Conselleria e que lles permita seguir cazando en terreos onde a fauna está totalmente esgotada.

Si que consideramos importante tamén o descaso que se fai, por norma, das suxerencias do representante ecoloxista no comité galego de caza (ese que vostede di que “foi escoitado co máximo respecto e consideración”), das protestas das asociacións ecoloxistas debido aos abusos da FGC sobre a fauna e o territorio galego, do descontento de numerosos cazadores co feito de que se autoricen cacerías en épocas de cría, do risco de incendios e da violación da respectiva lei cando se caza e se fuma no monte durante o verán, do risco para os demais usuarios do monte aos que ningunha norma os protexe (si en cambio aos cazadores cando se prohiben batidas e caza menor na mesma mancha). (2)

Finalmente consideramos altamente prexudicial para a autoridade moral desa Consellería, para o seu papel de mediadora, representante de tódolos galegos e custodia da nosa riqueza natural, a aparentemente ilimitada influencia que a FGC parece ter nesa consellería para conseguir calquera tipo de normativa se lle ocorra.

Se o que se pretende e prescindir  da opinión das asociacións ecoloxistas, de unha grande parte dos cazadores e de dous millóns de galegos que queremos ver a nosa fauna viva, e non destripada ou extinguida como pretenden algúns para mercadear con ela, basta con que no lo faga saber e, con grande pesar, deixaremos de intentar poñer algo de sentido común nos mercenarios intereses que moven á FGC a influír na introdución de normas perniciosas para a fauna nas leis e ordes desa Consellería.

Para non reiterar escritos diremos tamén que, o que pretendemos en relación  a redacción da nova lei de caza, é “participar” na súa redacción e non ter apenas o dereito de aportar algunhas modificacións a un texto que, ao que todo indica, será ditado tamén pola FGC.

Por todo o exposto SOLICITAMOS:

Que se anule a autorización de caza por danos en zonas de adestramento de cans e en zonas vedadas, ou se nos informe do amparo legal que permite contradicir, nunha orden de vedas, o regulamento de caza de Galicia que non ten prevista excepción algunha a  prohibición de cazar neses lugares.

Que se anulen as  batidas contra o zorro por danos, unha vez que nunca houbo noticia algunha de que ese animal ocasionara dano algún e esa norma pensamos que solo sirve para que proliferen os mais variopintos “campionatos” para acosar a un dos poucos animais que aínda conseguen sobrevir de maneira autónoma no monte.

Que non se autoricen mais campionatos de matar raposos. Non compre que lle diga que tal exhibición de mortes nada ten a ver co deporte, nin coa caza e solo serven para fomentar certo tipo de  negocio que beneficia á Federación Galega de Caza sendo rexeitados masivamente polo resto da sociedade. Por outra banda os lugares onde non se realizan campionatos non teñen problema algún co raposo”.

Su respuesta, aparte de no resolver ninguna de las solicitudes que se realizan, elude nuevamente las cuestiones más importantes y escabrosas. En la imagen al lado su escrito que comentaremos en un nuevo y próximo artículo (pinche en ella para aumentar).

 

 

 

 

 

AdjuntoTamaño
2ª Dr. Cons. Nat.Caza.JPG230 KB