Skip to main content

Maside - peor o remedio que a enfermidade. (II)

Posted in

09-11-2010 - Axudicación provisional obras das Plantas de lodos. Lembremos que teñen que estar rematadas antes do 30 de novembro de 2010, de maneira que pode haber outra trapallada á vista, porque tal prazo semella imposible. 

08-11-2010 - Onda Cero O Carballiño. Escoite.

07-11-2010 - Hoxe sacamos este artigo solo para difundir as noticias de prensa sobre as industrias de reciclado de residuos e fosas sépticas que, polo que semella, van vir todas para a nosa comarca. Xa o avisou hai poucos meses o Presidente da Deputación de Ourense, o Sr. Baltar, dicindo que incluso había concellos do PSOE que estaban dispostos a recibilos.

O primeiro enlace que queremos destacar é de 10 de setembro deste ano, nel afirmase que os lodos fecais das fosas de tódala provincia vanse repartir entre Xinzo da Limia, Barco de Valdeorras e Maside . De maneira que, dicir agora que a Maside so van os lodos do concello, obviamente é unha contradicción co que se publicou hai dous meses.

Que a cousa non é boa próbao o feito, que xa aclaramos no anterior artigo, de que na propia acta do pleno se recoñece que pode haber vertidos e que, de feito, vai haber malos cheiros.

Que utilicen o argumento de que a oposición á planta de Cea "é moito mais frontal" non deixa de ser irónico unha vez que, contra esa planta están mobilizados, de maneira oficial, tanto o concello de Carballiño como o de Maside, sendo que hai ediles de Maside organizando o movemento contra a planta de Cea, o que nos parece ben, pero non que se use como se o problema de Maside fose un asunto menor cando posiblemente sexa moito peor que o de Cea. Non esquezamos que en Cea van instalar unha planta de compost de unha empresa privada e en Maside o tratamento dos lodos fecais de unha terceira parte da provincia de Ourense.

A única explicación a este argumento é que, os alcalde de Carballiño e Maside, estean utilizando o asunto de Cea para tapar o de Maside.

Que o sr. alcalde de Maside diga que o asunto "estivo á exposición pública" para alegacións, non semella un argumento de peso nun concello onde non se da copia de actas, nin pedíndoas por escrito como fixemos nos, nin se cumpre coa lei de transparencia en asuntos medio ambientais. Imaxinamos que o asunto estaría colocado no tablón de anuncios debaixo doutros asuntos coa finalidade, acadada totalmente, de que pasara desapercibido.

Este asunto pensamos que é moito mais serio como para tratalo solo mediante un anuncio no tablón do concello. E un asunto para debater cos veciños e para lles ofrecer algo a cambio de que acepten recibir tan velenoso problema na veciñanza de súas casas e con risco para a súa saúde. A maneira en que se fixo, pola contra, ten toda a pinta de que foi unha trapallada entre Deputación, alcaldía e oposición para gañaren eles algún tipo de beneficio en prexuízo dos veciños.

Vir agora falar de "planta de reciclado moderna" é unha falacia visto que de nada se informou aos veciños e fíxose todo ás caladas. E evidente que se trata de unha patética estratexia para disimular a trapallada porque foron pillados de sorpresa e actuando en secreto.

Onde non lles falta razón e en dicir que os veciños pouco se moven e, se o fan polo asunto de Cea, parece ser que solo é debido a que o PSOE mobilizou aos seus seguidores contra un alcalde do PP. Como en Maside votaron a favor da planta tanto os de un partido como os do outro - seguramente nun trato entre Deputación, PP e PSOE - os veciños non teñen quen os mobilice, con o cal, a táctica de utilizar Cea para levar a cabo unha alloada peor en Maside, saelles perfecta a estes politicos da nosa comarca.

Xurde ademais un novo  aspecto deste asunto unha vez que, nas cláusulas de licitación, o orzamento destas obras e no caso concreto do "Terras do Avia, ascende a 252.000 Euros e prazo de execucion novembro de 2010, o que plantexa que a obra pode ser moito maior, con peores consecuencias, e que os prazos dificilmente se van a cumprir.

 

Prensa que se cita:

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/09/10/0003_8716656.htm
Iran los lodos de “Toda la Província” as planta de Maside e outras.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/11/07/0003_8833259.htm
Compost en Cea y Lodos en Maside planta "moderna" sen oposición.

http://www.lavozdegalicia.es/ourense/2010/11/07/0003_8833262.htm
Lodos Maside exposición pública.

http://dpou.depourense.es/upload/perfil/1905.pdf
Cláususlas licitación plantas lodos Maside e outras.

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/07/24/incineradora-sur-galicia-quemara-290000-toneladas-residuos-ano/458618.html
Baltar di que alcaldes do PSOE queren a incineradora.

 

AdjuntoTamaño
axudic. prov. plantas lodos.pdf14.86 KB