Skip to main content

Tecor San Trocado: xa están violando a lei.

Posted in

02-10-2010 - (Español) Este do lado é o mapa co IRDI de Galicia do día 02 de outubro, o que significa que o acceso e as labores no  monte están moi restrinxidas polo alto risco de incendio. Pois os socios do Tecor 10.105 San Trocado e Cidade, violando a lei de incendios, andaron abrindo pistas no monte o día anterior, de cara ao inicio da tempada de caza menor, o día 17, e desa maneira ver si conseguen matar algo.

O día 01 de outubro, os “maiores ecoloxistas que hai”, os “que regulan o número de raposos no monte”, os “que manteñen o equilibrio das especies silvestres”, os “que nos van librar dos danos que causan os xabarís (que eles mesmos introduciron en Galicia)” e que pertencen a este Tecor, estiveron violando a lei, de novo, na nosa Parroquia.

Pena que nunca cadra de o SEPRONA ou a Garda Civil andar pólo lugar cando acontecen estas cousas e mais as que xa denunciamos nas batidas contra os xabarís dos días 5 e 12 de setembro.

Desta feita, aconteceu que, de repente, lembraron que o monte existe e que está cheo de toxos e xestas que lles van estorbar, a partir do día 17 que comeza a tempada de caza menor, para mellor matar animais.

Así que, violando a lei de incendios, decidiron pola súa conta contratar un tractor con desbrozadora e ir abrir pistas polo medio do monte.

Non se lembraron durante todo o verán de manter o monte limpo para evitar incendios, tampouco se preocuparon de sementar plantacións disuasorias para evitar que os animais coman as colleitas dos veciños, moito menos de colocar auga para que beban, porque desde o mes de xullo non chove e están tódolos regatos e pozos totalmente secos. Nada de eso fixeron, pero agora lembran de preparar o monte para que lles sexa mais doado matar animais.

Eses son os “cazadores” que temos por estas bandas, que non saben cazar e teñen que aproveitarse de tódalas vantaxes que poidan para poder levar algo para a casa.

Non coidan do monte nin da fauna pero saben limpar as pistas para faceren “campos de tiro”, ben despoxados de obstáculos, para poder acertar algún disparo.

Non se preocupan de que os animais coman nin beban, pero veñen un par de semanas antes da caza preparar todo para matalos mellor.

Non limparon o monte, cando manda a lei, para evitar incendios, pero fano tódolos anos nesta época para acabar coa fauna e provocar, debido as choivas que xa empezan, a erosión que xa está invadindo moitas partes destes "campos de tiro".

Como temos denunciado ducias de veces, moito menos respectan os refuxios de fauna nin as zonas de seguridade, porque non saben cazar sen violar a lei e cumprindo as normas. Se as cumpren, non levan nada colgado do cinto para “fardar”, pero non lles importa cazar algo desa maneira  que debería avergonzar a calquera que se teña por cazador. Claro que estes non o son.

A partir do día 17 virán aquí escopeteiros de tódolos lugares da comarca para ver si cazan algo, porque no resto do Tecor xa acabaron con todo, non hai animais que cazar e veñen atrás dos que conseguimos manter nos “Refuxios de Fauna” que temos na Parroquia. Van meter os cans nas nosas fincas, que están segregadas e nas que non se pode entrar, van violar o noso dereito a dispoñer da nosa propiedade, van infrinxir a lei de caza, van utilizar o a forza e a ameaza, ou incluso a agresión como xa teñen feito varias veces e, desa maneira, van intentar levar algún coello para as súas casas. Da nosa casa, porque na deles acabaron con todo.

Evidentemente, vamos presentar a correspondente denuncia na Garda Civil, por causa deste asunto que provocou un grave risco de incendio, a ver si algún día lles paran os pes a estes individuos que viven violando as leis.


Ley 3/2007, de 9 de abril, de prevención y defensa contra los incendios forestales de Galicia.
……………………………………………….
Artículo 10.-Índice de riesgo diario de incendio forestal.
1. El índice de riesgo diario de incendio forestal establece, para cada una de las épocas de peligro, el riesgo diario de ocurrencia de incendio forestal,

cuyos niveles son bajo (1), moderado (2), alto (3), muy alto (4) y extremo (5).
…………………………………………
TÍTULO IV
Condiciones de acceso, circulación y permanencia en zonas forestales
Artículo 31.-Condiciones de acceso.
1. Durante la época de peligro alto de incendios forestales, definida en el artículo 9 de la presente ley, queda condicionado el acceso, la circulación y la permanencia de personas y bienes en el interior de las siguientes zonas:

a) En las zonas de alto riesgo de incendio referidas en el artículo 12.