Skip to main content

O alcalde de Punxín segue confundindo aos veciños.

Posted in

29-06-2010 - Agora di que “serán os técnicos os que resolvan o asunto do parque industrial”. Pois lamentamos dicir que tal cousa non é así.(Vexa aquí o artigo anterior sobre o asunto e aquí no programa da COPE).

Da mesma maneira que eludía a súa responsabilidade cando afirmaba que “solo sería unha ampliación da fábrica de escaiola”, para logo aparecer con un parque de mais de 30 hectáreas, tamén desta feita pretende confundir aos veciños e eludir a súa responsabilidade botándolle a culpa aos “técnicos”.

Como se ele nada tivera que ver e toda a responsabilidade fora dos tais técnicos e ele solo fose a man inocente que acata os ditados dos que “entenden” e teñen a “responsabilidade”.


Nada mais lonxe da realidade. Os técnicos limítanse a poñer no papel o que o sr. Alcalde lles manda. E o sr. Alcalde resolveu colocar un parque industrial inútil e xigantesco no medio da Parroquia de San Estevo de Vilamoure, en contra da opinión dos veciños, das asociacións ecoloxistas (pinche para ver o informe), do bo senso e da opinión da Secretaría do Territorio e Urbanismo de Xunta de Galicia.

Agora ten que facer algunhas emendas porque son imprescindibles (vexa aquí o mais destacado do informe da Xunta), tais como que puxo a entrada do parque en Listanco (vexa a rotonda en Listanco, no plano ao lado) e resulta que Listanco pertence a Maside e non a Punxín, de maneira que terá que cambiar esa entrada e poñela no concello onde ele ten atribucións. Non no concello veciño.

Pero continua na teima de poñer o parque. Se fose coherente e atendera aos intereses dos veciños, simplemente bastaría con ordenar aos “técnicos”, que cobran do Concello para redactar o PXOM, que prescindan do parque e asunto arranxado. Pero non, por algunha causa que ignoramos teima en que o tal parque veña arruinar a vida dos veciños da súa parroquia e vai intentar levar a cabo a súa teima por enriba de todo.

Do mesmo modo que gañou tempo hai dous anos coa desculpa da “ampliación” da fábrica de escaiola, agora pretende gañar tempo con que os que deciden son os “técnicos”. Pois non sr. Alcalde tal cousa non é así.

Quen está decidindo poñer un parque industrial onde non ven ao caso e sen coñecemento dos veciños é vostede, a responsabilidade é súa e a decisión foi súa e solo súa, de ninguén mais, porque ninguén llo pediu e foi vostede solo quen resolveu facer esa barbaridade sen consultar cos afectados e é vostede quen sabe das razóns que ten para seguir teimando con tal irracionalidade e con causar un enorme prexuízo aos seus veciños e á terra onde naceron.

Prensa:

http://www.laregion.es/noticia/127236/ecoloxistas/advirten/mentiras/punxin/

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/05/22_03.htm (neste enlace, do 22/05, fálase da "área empresarial" con motivo do enlace que o PSOE solicita coa autovía)

http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2010/05/22/portada-ourense-psoe-reclama-enlaces-punxin-maside-amoeiro-autovia-santiago/440996.html

(o mesmo caso e da mesma data, citado antes, sobre a "área empresarial" de Punxín)

En resumen, igual que marido enganado, que todos sabían do asunto menos os veciños afectados, a quen o sr. alcalde se encargou de lles ocultar a desfeita que lles está preparando.

Prensa actual:

http://www.ourensedixital.com/_novas/10/07/06_01.htm

 

 

AdjuntoTamaño
COPE Parque.wma9.33 MB