Skip to main content

Accidentes no enlace de Maside

Posted in

21-01-2010 – Na nova “autopista” ou enlace de Maside a Carballiño xa levamos, a lo menos, tres accidentes con automóbiles que atropelan animais no medio da calzada. Afortunadamente e por agora non houbo víctimas, aparte dos animais, pero si elevados danos materiais.

No ano 1999 os que aspiraban a ocupar os sofás dos que entonces gobernaban prometeron e esixían un hospital comarcal para o Carballiño. Este hospital non solo houbera paliado os graves problemas asistenciais da Vila, como carencia de raios X polas tardes, falta de especialidades, etc. senón que tamén houbera creado un bo numero de postos de traballo.

Cando eses que tanto reivindicaban, tiveron a oportunidade de gobernar - posiblemente aconsellados polas mafias que acaparan o diñeiro público neste País - cambiaron de idea e decidiron que daba menos traballo e lles reportaba mis beneficios facer una “autopistiña” desde Maside a Carballiño.Encheron os ollos dos menos informados con un “enlace” ata a autovía de Santiago que, como todos xa sabemos, é unha redundancia e unha inutilidade xa que tiñamos un bo enlace en Ariz.

Como sempre, ademais de arrasar esa parte do rural da nosa comarca, fixeron unha trapallada, con grandes trincheiras e enormes terrapléns, no lugar de túneles e pontes, e meteron unha autovía no medio do monte onde vivían os animais e non lles deixaron sitio para atravesar.
Agora resulta que hai accidentes porque os xabarís atravesan a “autovía exclusiva”, como a bautizou algún pouco informado responsable político.

O que deberían ser pasos de fauna do proxecto, aproveitáronos para facer dous túneles para que os seus coches de servicio atravesen de un lado para o outro. Saben de sobra que eso non son pasos de fauna e que os animais non atravesan por eses lugares porque teñen medo, son lugares artificiais, feden a xente, así que procuran outros lugares para atravesar. Resultado, varios animais mortos, varios coches destruídos e perigo de morte ou de lesións para os usuarios.

Sabían de sobra que pasos de fauna son outra cousa, (vexan como son aquí- basta con ver os gráficos), pero aquí non se respectan as leis, non se fan estudios de impacto ambiental ou aprovéitanse os estudios de outros sitios, non se cumpre cos contratos, non se vixía as grandes empresas que mandan no País e nos políticos e non se piden responsabilidades.

Estamos nunha terra onde a lei solo se cumpre se é do interese dos que mandan no sistema, polo demais as trapalladas dos aproveitados son a noticia de tódolos días e nunca pasa nada. Seguiremos así. Que ninguén se queixe porque este asunto foi mais que avisado e uns querían “boas estradas para andar cós seus coches”, como dixo alguén, e os que sabían que esto ía pasar calaron.
http://matarpormatarnon.org/node/918
http://matarpormatarnon.org/node/847
http://matarpormatarnon.org/node/587
http://matarpormatarnon.org/node/552
http://matarpormatarnon.org/node/286
http://matarpormatarnon.org/node/246

Seguiremos sen transporte por tren a Ourense e sen hospital como houberan feito, e hai anos se ven facendo, noutros países mais civilizados do noso entorno. En troco seguiremos matándonos na estrada, acabando coa fauna e obrigando aos vellos a mercar coches “sen carné” para que tamén se maten nas estradas por falta de transporte público.

Temos certeza que de seguida vai aparecer algún colectivo de cazadores reclamando que hai que andar a tiros cós xabarís e así poder darlle gusto o dedo , mentres os que cometeron a desfeita, crearon perigo para gañar mais, os que en lugar de facer pasos de fauna fixeron túneles para o seu servicio, os que deberían fiscalizar que se fagan ben as obras pero dixeron amén , etc. eses seguiran malgastando os cartos que ían para mellorar a nosa vida e foron parar aos seus petos.

Prensa:

http://www.laregion.es/noticia/115399/carballi%C3%B1o/ecologistas/

http://www.laregion.es/noticia/118133/carballi%C3%B1o/autov%C3%ADa/animales/rampas/

 

AdjuntoTamaño
PasosFaunaActualidadFuturo.pdf2.74 MB