Skip to main content

Os lobos do Barbanza: Crónica dun extermínio.

Posted in

cartel lobos Barbanza18-04-2012 - Con apoyo masivo de las Asociaciones ecologistas de Galicia, se convoca, para el 28 de abril a las 18:30, en Ribeira, comarca del Barbanza, una manifestación contra la matanza indiscriminada y sin control alguno de lobos. Éste es el manifesto que nos remiten (Se puede ver también la denuncia presentada por ADEGA y el comunicado de ACOPO) :

- A Serra do Barbanza é un territorio formado por montañas erosionadas e atravesada por multitude de pistas forestais e valados gandeiros. Neste territorio tan humanizado sobrevive un pequeno número de lobos ibéricos.

Lonxe de protexer esta xoia da fauna europea, a Xunta de Galicia, coa escusa duns ataques a poldros e puchos que se atopaban no monte, na maioría dos casos sen unhas mínimas condicións de protección, autorizou, en xullo e setembro de 2011, varias batidas nas que, segundo datos oficiais, mataron catro animais, pero tense constancia de que o número de lobos abatidos foi maior. Co agravante de que a morte das lobas nesta época do ano, na que están criando, supón tamén a dos lobetos por inanición.

A aparición duns exemplares híbridos (cruce de can e lobo) foi a escusa perfecta para que a Xunta de Galicia autorizara unha nova e máis sanguinaria operación de exterminio para “protexer a pureza da especie”, que se está a desenvolver entre os meses de marzo e agosto de 2012 e que inclúe batidas, agardos, trampeos e incluso a colocación de colares gps a algúns animais para que os leven ata as mandas e saber onde atopalos en cada momento. Todas estas batidas e agardos están sendo executadas por cazadores do lugar que gustosamente se apuntaron á campaña.

Se a Xunta de Galicia só pretendera evitar a hibridación dos lobos, chegaría con capturar vivos os exemplares non puros, esterilizalos, e asunto resolto. En vez disto preferiron que foran os cazadores os que se encargaran do tema, co cal están causando un sufrimento enorme aos animais que furan a tiros, outros escapan feridos e acaban morrendo ao cabo dun tempo desangrados ou polas infeccións, femias que nestes intres deberían parir as crías e non atopan un lugar onde poder facelo polo acoso dos cazadores… a por suposto nestas batidas e agardos, entre animais fuxindo, disparos, ouveos,… tamén morrerán lobos puros.

Paralelamente a estas matanzas promovidas pola Xunta, uns delincuentes encheron os montes do Barbanza de lazos e veleno que xa acabaron con varios lobos, tanto puros como híbridos.

Polo tanto, nestes intres hai dous grupos matando os lobos do Barbanza, un legal, composto por cazadores e a Xunta de Galicia e outro ilegal, probablemente, gandeiros. Con todos estes vimbios, o lobo ibérico no Barbanza parece abocado á desaparición.

RESPONSABLES: A XUNTA DE GALICIA E O DESCOÑECEMENTO

- Das matanzas ilegais de lobos, evidentemente, os culpables son os delincuentes que puxeron os lazos e os velenos.

- Das matanzas legais, os responsables son os cazadores que están disparando aos animais e as autoridades que deron, ou consentiron, o exterminio, é dicir, Carlos Gonzalo Muñoz, Xefe do Servizo de Conservación da Natureza, o  seu superior, Ricardo García-Borregón, Director Xeral de Conservación da Natureza e Agustín Hernández, Conselleiro de Medio Ambiente da Xunta de Galicia.

Tampouco podemos esquecer a determinados medios de comunicación que, a través de continuas informacións negativas en contra dos lobos do Barbanza, contribuíron a poñer a estes animais no centro da diana.

ESIXIMOS Á XUNTA DE GALICIA QUE FINALICE ESTE EXTERMINIO

- E que deteñan a matanza que están levando a cabo nos montes do Barbanza e se realice un estudo científico, por expertos independentes, para saber cantos lobos quedan vivos nestes intres.
- E que fagan todo o necesario para levar os delincuentes que puxeron os lazos e velenos diante da xustiza.
- E destitúan os cargos da Xunta de Galicia que, irresponsablemente, deixaron que foran os cazadores os encargados de “resolver” a suposta hibridación entre lobos e cans cando o lóxico sería coller vivos os exemplares híbridos e esterilizalos. Isto agravado polo feito de que non está demostrado que existan cruzamentos entre cans e lobos no Barbanza, toda vez que examinados os cadáveres dos animais híbridos abatidos, comprobouse que todos teñen nas súas orellas unhas marcas de identificación, o que fai sospeitar que eses animais trouxéronos doutro lugar e soltáronos nos montes barbanzáns, polo que esta campaña de exterminio semella que se basea nunha falsidade.

ACUDE A MANIFESTACIÓN PARA ESIXIR A XUNTA DE GALICIA QUE DETEÑA A MATANZA DE LOBOS E HÍBRIDOS NO BARBANZA.

Data: sábado 28 de abril as 18:30 horas.
Lugar: Praza do Concello de Ribeira.

¡PAREMOS O EXTERMINIO!!!

 

http://www.matarpormatarnon.org/files/Denuncia FISCALÍA LAZOS LOBO.pdf

http://www.matarpormatarnon.org/files/ACOPO -NdP_lobos_barbanza_2012_marzo_0.pdf

 

AdjuntoTamaño
Denuncia FISCALÍA LAZOS LOBO.pdf131.47 KB
ACOPO -NdP_lobos_barbanza_2012_marzo.pdf27.77 KB