Skip to main content

Las cuestiones que M.Rural omite.

Posted in

03-09-2011 - Éstas son las cuestiones en las que el Director Xeral de Conservación da Natureza parece no querer entrar en su último escrito (imagen al lado - pinche en ella para aumentar) y que posiblemente le encaminaremos en breve, aunque todo indica que predicamos en el desierto. Oídos de mercader, se llama. 

As posibilidades que a lei de caza e o regulamento “deixa abertas” (art. 4-1 e 2 acomodarse as normas anuais) están especificadas nos artigos correspondentes. Por exemplo cando se deixa aberta a posibilidade de establecer outras “zonas de seguridade” (lei de caza, art.25- 5 e 6 : Autorizar a caza en camiños ou propor outras zonas de seguridade) ou outros”refuxios de fauna”(art. 12-1).

O artigo 42, efectivamente, tamén ten prevista a orde de vedas anual: “Artigo 42.–Dos períodos hábiles de caza. A Consellería de Agricultura, Gandería e Montes, oído o Comité Galego de Caza, publicará anualmente, coa suficiente antelación, unha orde na que se determinarán as limitacións e épocas hábiles de caza das distintas especies, así como os réximes especiais necesarios e a normativa aplicable nos terreos de réxime cinexético común".

O que non semella que autorice é a contradicir prohibicións explícitas da lei, como no que di respecto ás zonas vedadas (lei de caza, "Art. 13-2...os Tecor manterán como vedado de caza unha superficie mínima do 10% dos seus terreos. Estes vedados de caza deberán mante–los mesmos lindeiros, alomenos, durante dous anos consecutivos"). e moito menos no caso das zonas de adestramento de cans onde incluso se establecen restriccións:(Regulamento de caza art. 8-2 “c) Non se poderá adestrar cans durante a época de maior sensibilidade na cría das especies presentes na zona”.

Como sabe as batidas realízanse, tamén, nestas épocas.

De modo que, na nosa opinión, tal tipo de excepción e contradicción a lei non solo viola o principio de seguridade xurídica que garanten tódalas leis como ademais constitúe, na nosa opinión e como mínimo, unha interpretación excesivamente xenerosa das atribucións de unha orden de vedas que, de ser establecida como precedente, podería levar a que un día se autorizara a caza no centro das cidades ou en oposición a calquera artigo da lei, baleirándoa de contido.


Sobre a FGC aproveitamos para lembrar outra posible irregularidade contra a lei de caza, que se ven repetindo desde hai moito tempo e que se refire precisamente aos campionatos que esta FGC realiza en terreos de réxime cinexético especial con unha incomprensible tolerancia por parte desa Consellería, cando a lei de caza establece como lugares para realizar este tipo de actividades os “terreos cinexético deportivos” (lei de caza, "art. 20:Terreos cinexético–deportivos. 1.–Terán a condición de terreos cinexético–deportivos aquelas áreas do territorio nas que a caza poida practicarse de conformidade coa lexislación específica que regule as prácticas deportivas").

De feito xa chegamos ao extremo de que aparece este sorprendente artigo na orden de vedas:” Artigo 9. Competicións de caza. A Federación Galega de Caza ou as sociedades de cazadores, logo da súa autorización, poderán celebrar competicións de caza en terreos de réxime cinexético especial, os xoves, sábados, domingos e festivos”.

No noso escrito anterior tamén expresábamos claramente o feito de que existen POC  con datos falsos e elaborados en serie para diversos tecores, onde se inclúen censos falsificados e inventados, sen que se teñan realizado no monte os estudios que alí se afirma (desprezo dos art. 3e 4 do regulamento de caza  completos). Como non se refire a ese asunto no seu escrito supoño que estará tomando as medidas oportunas para ordenar unha investigación sobre o asunto.

Tamén argumentabamos, e incluso esa Consellería o confirma, que non existen danos por parte do raposo, razón pola cal solicitábamos que se suspenderan as batidas por danos contra esta especie.

Como queira que os mencionados asuntos son ignorados no seu escrito, aproveitamos o presente para pedir que responda a tódolos puntos expostos e, de novo, se SOLICITA:

Que se anule a autorización de caza por danos en zonas de adestramento de cans e en zonas vedadas.

Que se investigue a precisión e veracidade dos datos contidos nos POC tendo en conta as nosas denuncias de datas 03 de decembro de 2007 e 14 de abril de 2008.

Que se anulen as  batidas contra o zorro por danos.

Que non se autoricen mais campionatos de matar raposos. Ou que se cumpra a lei autorizando campionatos solo en “Terreos cinexético deportivos”. Por outra banda, conforme vimos insistindo, os lugares onde non se realizan campionatos non teñen problema algún co raposo.