Destrucción e Cobiza

30-03-2008 – (Castellano)- Xa o sospeitabamos, pero agora puidemos comprobar, “in situ”, como Galicia está sendo masacrada sen necesidade e polo solo motivo de que as grandes empresas poidan gañar mais cartos. Todo, por suposto, con o beneplácito de quen debería velar polos nosos intereses e o noso territorio, pero teñen que servir ós intereses dos poderosos.

A construcción de autovías e autopistas está sendo levada a cabo da maneira mais prexudicial para a paisaxe, o medio ambiente e a fauna, porque, as empresas que as executan, fano da maneira mais trapalleira e depredadora que existe.

30-03-2008 – (Castellano)- Xa o sospeitabamos, pero agora puidemos comprobar, “in situ”, como Galicia está sendo masacrada sen necesidade e polo solo motivo de que as grandes empresas poidan gañar mais cartos. Todo, por suposto, con o beneplácito de quen debería velar polos nosos intereses e o noso territorio, pero teñen que servir ós intereses dos poderosos.

A construcción de autovías e autopistas está sendo levada a cabo da maneira mais prexudicial para a paisaxe, o medio ambiente e a fauna, porque, as empresas que as executan, fano da maneira mais trapalleira e depredadora que existe.

De feito, todo parece indicar que España é o país de Europa con mais quilómetros de autopista, debido á tolerancia que existe con ese sistema depredador de facelas, mentres, en Europa, as cautelas para preservar o medio torna estas construccións mais caras.

Acontece que en Galicia é viable a construcción destas “infraestructuras”, sen impacto ecolóxico nin visual significativo. Tamén poderían manterse os pasos para veciños e pasos de fauna, de maneira que non se separasen os pobos e os animais non foran atropelados. (Vexa a cruel proba).

Bastaría con que se fixeran mais viaductos e mais túneles no trazado destas vías, como se está facendo con o AVE. Tampouco sería preciso que todo o trazado fora nesas condicións, bastaría con que houbera un número representativo ou suficiente desas construccións, repartidas a distancias razoábeis. Como a cada quilometro mais ou menos.

A terra retirada dos túneles serviría para encher algunha que outra pequena depresión, pero os viaductos farían innecesario un excesivo movemento de terras, e o impacto visual que esas “trincheiras” e conseguintes recheos teñen.

Sempre nos preguntamos a razón de que se desmontaran tantas montañas e, en cambio, non se fixeran túneles a través delas de maneira que estas serviran de pasos para a fauna e ademais o impacto visual fora menor (esta composición, ós lados, amosa a diferencia).

A razón é ben simple. Utilizan a terra desas montañas que arrasan, para facer grandes recheos de vales, nos que colocan solo un tubo de plástico ou formigón, para o paso da auga, pero que non permite o transito de persoas ou animais.

Para colmo da insensatez, na última orden de vedas, autorizan batidas «por danos á circulación vial» que antes non existía. Encima de atropelados, ainda os matan por tentar ir comer, beber ou se reproducir.

É evidente que, se neses vales, se construíran viaductos, non sería necesario desmontar unha colina enteira para quitar a terra. Pero a cousa aínda é peor…

Como normalmente a terra que quitan dese pequeno monte non é dabondo, aínda aumentan o desterre, o impacto visual e o perigo de desprendementos, realizando desmontes nas ladeiras para retirar mais terra, como si se tratara de unha canteira ou unha mina de extracción de áridos (imaxe da dereita).

Na imaxe ó lado podemos ver como unha retroexcavadora vai retirando terra, de arriba para baixo nesa ladeira (1) mentres os camións a transportan hasta a plataforma da autovía (2) para nivelala. Pero hai mais…

Mentres iso acontece pouco antes da ponte que están construíndo no Viñao, ó outro lado, e dicir en Listanco e a pouco mais de un quilómetro, resulta que lles sobra terra e están a depositala no montículo artificial e que se ve cuberto de herba recente, que eles sementan encima para que pase desapercibido (vexa a foto á dereita).

Tampouco se dan ó traballo de levar de onde sobra para onde fai falta. Prefiren facer unha “canteira” no mesmo lugar, sen lles importar a altura da “trincheira” que están creando sen necesidade, nin o seu impacto ecolóxico e visual. Viñeron gañar cartos, cantos mais mellor.
Acompañamos un par de simulacións onde se pode ver como, con un pouco mais de traballo, o impacto sería mil veces menor (esquerda).

Aquí simulase algún túnel no lugar dos recheos. É evidente que, si se fixera un viaducto, a necesidade de terra sería moito menor. Na foto do lado dereito o estado real.

Mentres eso acontece, as nosas “autoridades”, agora sacan a lei da paisaxe. Cruel ironía…

Nova en VIEIROS.

 

 

 

 

 

 

4 comentarios

  1. sereno
    Esqueceches facer unha valoración económica de ambas propostas e o custe final por kilómetro de vía. Logo habería que comparalo co custe noutras zonas e tirar conclusións.

  2. sereno
    Moi fácil sereno, o km. de autopista trapalleira vale aprox. 6 millóns de Euros. O km. de AVE aprox. 25 millóns. agora todo depende.
    Si se fai todo como o AVE ou si se colocan pasos a cada,digamos, 500 mts. No segundo caso puco mais pode saír, o que no é de recibo é:
    a) Que non se deixe ningún paso para a fauna.
    b) Que se faga o peor posible para gañar o mais posible.
    c) Que se faga moito e mal en lugar de pouco e ben.
    d) Que se valore mais o diñeiro que a natureza e a fauna.
    Saúdos

  3. Cementeros
    Me alegra saber que hay gente en Galicia que se
    resiste acementar por todas partes. Aurrera anaiak!!! Jose

  4. gracie mile
    mui interessante, obrigado pola informaçom
    e a claridade.

    madeingaliza

Deja una respuesta