25-09-2010 – Todo indica que o cadáver que desde hai días se atopa na cuneta do enlace de Maside con O Carballiño, pertence a un exemplar de Cárabo Común (Strix aluco).
Xa comentamos a queixa das primeiras vítimas desta autovía: os comerciantes de Maside. Porque, as persoas que antes compraban na vila, agora van aos supermercados do Carballiño, da mesma maneira que, os que antes compraban no Carballiño, agora van a Ourense. As outras vítimas son os animais que viron o seu territorio invadido por esta inxustificada e perniciosa “infraestrutura”.

Este animal adoita cazar de noite e, para vixiar, pousa en postes, viadutos e nos demais pousadeiros que tanto abundan nas beiras das autovías, desde onde pode distinguir mellor as posibles presas das que se alimentan, que acostuman ser pequenos mamíferos e aves que vagan nas beiras destas estradas, onde tamén hai moito terreo libre de obstáculos o que amplía o seu campo de visión.
Infelizmente tamén é nestes lugares onde teñen mais perigo, unha vez que os vehículos circulan a grande velocidade e nunca falta o irresponsable que lle atopa graza a matar un ave destas características, ou a outra calquera, mentres conduce o seu coche.
A invasión dos territorios da fauna cando se construíu un enlace por onde antes había monte e bosque natural, atópaos desprevenidos e, igual que acontece cos xabarís e zorros, debido a falta de costume e de consciencia do perigo, acaban sendo atropelados ou golpeados cando voan a baixa altura.
Neste caso, a única maneira de prever a morte deste tipo de fauna, é circular a menor velocidade e estar atentos sempre a indicios de que se atopan nas pistas comendo ou capturando algunha presa. No caso de dúbida, deberiamos reducir a velocidade e desviarnos sempre que sospeitemos que, o que avulta diante do coche no medio da estrada, pode tratarse de un animal deste ou doutro tipo.
Pensemos que no mundo non estamos solos (felizmente) e debemos respectar o dereito das demais especies a vivir nel e a se alimentar tódolos días, para o cal deben levar moito mais traballo e superar moitas mais dificultades que os humanos.
Temos observado tamén que, neste enlace, como non foron colocados pasos para a fauna, conforme establece a lei, tratouse de paliar o problema colocando unhas rampas de pedra e terra esperando que os xabarís, que xa causaron varios accidentes durante o pouco tempo que leva operativa, abandonen a autovía subindo por esas rampas e saltando despois, por encima do peche de malla metálica, para o lado de fora.
Unha chapuza coa que se coloca un parche nun defecto gravísimo da autovía, causado pola falta de honestidade de quen a construíu e pola complicidade e displicencia de quen debería esixir que as cousas se fagan como é debido.
As consecuencias desta conduta inmoral, tan abundante nas nosas institucións e na corrupción que acostuma afectar a este tipo de obras, son os danos persoais e materiais que sofren os usuarios que, ademais, pagamos os grandes beneficios que sacan os que contratan e os que constrúen estas obras mal feitas.