29-07-2009 – Se alguén pensou un día que había que pagar a Facenda e non defraudar é moi posible que nestes tempos estea cambiando de opinión rapidamente, porque  quen nos defrauda é Facenda a nos.


Non solo polas inxentes cantidades de cartos que lle teñen regalado á banca, senón porque, día a día, estamos comprobando o mal uso que se está facendo destes recursos que con tanto traballo todos aportamos.


Pensaba razoar sobre a corrupción da clase política, un dos colectivos mais desprestixiados do noso País, pero todo indica que tal argumento é outra falacia xa que, ese razoamento, solo é aplicable si continuamos no engano de que os políticos representan ao pobo Continue Reading

28-07-2009 – Se teño que nacer de novo non tería inconveniente en que me criara unha cadela. Non é que estea descontento co trato de miña nai humana, pero case podería asegurar que ningunha nai humana é capaz de lle dedicar tanto tempo, cariño, hixiene e coidados a seus fillos, como o fai unha nai cadela.


É a terceira vez que a Pili ten fillos. Sei que non debería ter permitido que quedara preñada ningunha vez pero, en 10 anos tres embarazos non me parecen moito, aínda que todos foron por imposibilidade de o impedir. Na última, o can pasou entre a tela metálica e o muro deixando pelos arrincados polos arames. Solo foi unha vez, pero quedou preñada.

Continue Reading

26-07-2009 – Parece ser que coa prohibición, cada día mais apoiada e inminente, de realizar touradas noutras comunidades autónomas, o negocio da tortura e da morte trasládase a Galicia.

Como sempre somos a reserva a onde levar o que non queren noutros lugares, sexan industrias contaminantes ou festas sádicas.


Na Nosa Terra, a touros, vacas e bois, temos moito que agradecerlles, pero igual que acontece co entrañable burro, acabaremos por permitir a súa extinción porque  agora seica somo novos ricos e xa non precisamos deses fieis animais que solo mantiñamos na casa porque nos cumprían para poder comer.

Continue Reading

26-07-2009 – Toca a rebato Don Santiago Ballesteros, Secretario General de la Real Federación Española de Caza, porque teme que la posible prohibición de una modalidad cinegética en la Comunidad de Castilla La Mancha, signifique no sólo un recorte para la tan edificante diversión de disparar y matar a un ser vivo, sino que sea el primer peldaño de una escalera a cuyo término se encuentre con una terrible certeza: el fin de la caza deportiva, lo que dicho sea de paso daría al traste con su escopeta, con su Secretaría y con la Federación misma a la que se pertenece por matar, o se mata para pertenecer, ya no estoy seguro; lo que sí sé es que para que haya federados tiene que haber muertos.
Continue Reading

24-07-2009 – Esta é a noticia en Galicia:
El PSOE arremete contra el PP por ‘apropiarse’ la autovía Ourense-Celanova.

Para medir o grao de desenrolo social nun País podemos imaxinar a mesma noticia noutros países, por exemplo:


En Suecia podería ser:
_ Un novo enlace mediante tren de proximidades vai ser construído entre Celanova e Ourense.


En Alemaña:
_ O veciños da comarca de Celanova cuestionan as razón pólas que se vai destruír o territorio construíndo autoestradas, que matan e contaminan, en lugar de transporte de proximidades por tren.

Continue Reading

22-07-2009 – (Castellano)   Catro mortos en Cataluña entre os bombeiros que apagaban o lume dun monte. Non e a primeira vez nin vai ser a última.

Nunca antes houbo tantos lumes, nin cando as locomotoras eran de carbón e, de vez en cando, caía unha faísca e plantaba no monte. Claro que agora hai infinitas pistas polo medio do monte que se prestan a que, quen o desexe, pida provocar un lume impunemente. Continue Reading