31-05-2009 – Unha vez mais o provincianismo e os intereses persoais, están a se impor no anuncio de un suposto grande proxecto para a comarca da Limia. A cacarexada fábrica de avións non tripulados.


Como sempre a razón que xustifica e esixe apoio para calquera falcatruada, son os “postos de traballo”. Postos de traballo que quen nos administra non soubo (ou non quixo) crear dentro da actividade tradicional da comarca (desta e doutras como Carballeda de Avia) e agora pretenden comprar os veciños coa posibilidade de teren onde gañar o sustento nun emprego. Aínda que sexa envelenado.


Non sabemos si os previstos 7.000 postos de traballo serán para técnicos de fora ou para labregos da Limia reconvertidos en fabricantes de avións. Continue Reading

08-06-2009 – Votos en branco e nulos no Carballiño: 97.

28-05-2009 – Co gallo das elección europeas queremos lembrar á xente honrada da nosa comarca que, na canceira da Medela, seguen estando moitos animais, bos e leais, que viven nun auténtico campo de concentración.


Nunca saen de paseo, dormen o ano todo no cemento, pasan frío no inverno e calor no verán, non teñen quen lles faga unha caricia, beben auga quente no verán e no inverno non a teñen porque se conxela.

Continue Reading

23-05-2009 – Non é a primeira vez que denunciamos as abusivas desfeitas que ocasionan as empresas que están construíndo autovías e autopistas en Galicia.


Non basten os danos propios que estas infraestructuras causan no medio ambiente, a paisaxe e contra a fauna, senón que estes danos vénse incrementados pola cobiza destas empresas que solo pensan no lucro e non dubidan en multiplicar o impacto da obra e a destrucción do territorio para aforrar cartos e asíContinue Reading

20-05-2009 – Tralos portentosos dribles que o grupo de goberno está dando a formación da comisión de investigación sobre a canceira e a morte mais que sospeitosa de mais de cen animais, e trala posibilidade de que o fracaso de unha moción de confianza teña levado ao Sr. Alcalde do Carballiño a se desdicir das súas ameazas de presentala, e tralas probas de que unha comisión de investigación sexa mais que legal a pesar das “pegas” esgrimidas para impedila, agora os grupos da oposición presentan as suas preguntas sobre o asunto.

Continue Reading

19-05-2009 – Na parroquia de San Estevo, en Punxín, foi cortada unha carballeira enteira que pertence ás propiedades do bispado.


Non se tratou de cortar unha ou dúas carballas para necesidades do propietario, non, cortaron unha carballeira enteira para vender a leña e recadar cartos. Ignoramos se foi solicitado algún tipo de permiso para tal desfeita e tamén ignoramos se tal permiso foi outorgado.


O que sí parece unha contradicción é que, para cortar unha sola carballa, calquera veciño precisa Continue Reading

18-05-2009 – Alí cando hai un animal en perigo ou se chama ós servicios municipais con ese fin, sexan estes policía, bombeiros ou recollida de animais, aparecen pronto e prestan a mellor axuda posible. Responden ás expectativas que deles teñen os veciños.

O venres pola noite, en Ourense, dous nenos solos na súa casa de Cabeza de Vaca, pedían axuda aos servicios municipais porque estaban vendo pola fiestra como un gato, que tiña sido envelenado, agonizaba diante da súa casa. Ninguén, responsable polo asunto, os atendeu.

Tamén nos chamaron a nos dicindo que xa o intentaran coa policía municipal, co Seprona e incluso cos medios de comunicación. Foi en van, como ninguén lles botou unha man para atender o animal,  recorreron o noso teléfono.
Continue Reading