11-03-2009 – Noticias aparecidas na prensa. Ao final do artigo.

04-03-2009 – Todos sabemos as mañas dos políticos para deixar como mentireiros e delincuentes a quen lles descobre as trapalladas. Tamén o lonxe que está, a realidade da vida, daquelo que nos contan cando se fala de xustiza e sinceridade. Temos unha boa mostra… pasen e vexan.


(as fotos amosan as gaiolas dos cachorros en novembro e no dia que se fixo a denuncia)

Primeiro vexan a noticia que saiu na TVG:

http://www.agalega.info/videos/?emi=6282&corte=2009-03-04&hora=14:06:06&canle=tvg1

Continue Reading

03-03-2009 – O cans acollidos na canceira da Medela están sendo exterminados. (Vexa o vídeo aquí).
Non sabemos si intencionalmente ou non, si é por non levar traballo ou por falta de iniciativa, si se fai para xustificar outras posturas ou por falta de atendemento, si é para non ter que alimentalos ou por simple accidente, si é co coñecemento dos responsables ou por falta de unha mínima supervisión.


Os motivos non os sabemos pero, na canceira do Carballiño, desapareceron ducias de cans. Calculamos que por volta de un cento deles, había case 300 e hai puco mais de 100.
Na verdade, non desapareceron, sabemos perfectamente onde se atopan, porque o vimos.

Continue Reading

02-03-2009 – Perderon porque ao igual que fixo en seu día Felipe González, esta “esquerda”, cando gaña, esquece logo aos seus votantes e vaille meter a lingua no cu á dereita (con perdón), para ver si os “engatusa”.

Craso error, os votantes do PP, por interese ou ignorancia, son fieis ao seu partido, e non se deixan engatusar por estes “esquerdistas” con ideas conservadoras e servís cos poderosos.


Pola contra, o votante de esquerda, normalmente mais culto e mais crítico, non consente que o desairen e que os lideres aos que votou, esperando un cambio de rumbo, fagan políticas continuistas e conservadoras.

Continue Reading