07-04-2009 – Agora discuten se a comisión será de"investigación" ou "informativa". Saben que todos sabemos o que hai e non queren entregar as probas. Lóxico…

04-04-2009 – Seguimos polas "ramas"  e a comisión non "arranca" dez días despois do que debería ser a primeira reunión…si deles dependera a cousa quedaría impune.

01-04-2009 – Mais desculpas para non crear a comisión e o grupo de goberno segue "desaparecido", incumprindo os acordos do pleno. Teñen moito que agochar…

28-03-2009 – Comezan os problemas para aclarar o asunto. O grupo de goberno da plantón ós demais grupos 24 horas despois de acordar ,en pleno, a constitución da comisión. Continue Reading

25-03-2009 – Mañá xoves vaise realizar un pleno monográfico sobre o asunto da canceira.


Dende o Concello pasouse de afirmar que “O SEPRONA non atopou irregularidades”, segundo uns informes que eles dicían coñecer pero que aínda non existían,  a dicir mais tarde, cando este Corpo da Garda Civil presentou os informes e neles aparecen moitas e graves irregularidades, que o SEPRONA seica mente e non desapareceron os 76 cans (mínimo) que a Garda Civil estima que desapareceron , e solo os 15 que eles din.
Así que xa sabemos que os informes da Garda Civil sérvenlle ó Concello cando coinciden coas súas “declaracións” pero, cando non coinciden, non son válidos.Continue Reading

19-03-2009 – Reproducimos a nota de prensa que emite Amigos da Terra, ADEGA e Matar por matar,NON, na que informamos das denuncias presentadas polo Servicio de Protección da Natureza (SEPRONA), da Garda Civil que, nun meritorio e imparcial traballo, denuncia as graves irregularidades da canceira do Carballiño.(VEXA O VIDEO)

O asunto mais grave, que é a morte mais que sospeitosa de moitos animales, tratandose de posibles delitos penales e atopándose en curso as investigacións, non fan parte deste artigo.

Sabemos que está habendo presións e intentos de agochar probas do denunciado e, no seu momento, diremos por parte de quen e a quen.

Neste caso non temos menos que recoñecer a imparcialidade e profisionalidade Continue Reading

14-03-2009 – O venres estivemos de novo na canceira para comprobar, con mais detalle, as dimensións da traxedia. A impresión que sacamos foi a de que, de non termos subido aquele día, houberan desaparecido tódolos animais da instalación.
Por certo que, pese a todas as declaracións de transparencia, aínda houbo presións para intentar que non se permitira a entrada a pesar de fomos acompañados de un concelleiro, quen nos pedira que o acompañaramos na visita.
Durante o percorrido pola canceira, quedou claro, a lo menos para nos, que non se tratou en absoluto de casos fortuítos de mortes accidentais nin de que, aínda que sexa un acto frío e cruel, se houbera optado por eliminar algúns animais para obter unha menor masificación. Temos a convicción de que foi un acto perfectamente planeado, coa intención de rematar co maior número posible de animais, ou incluso Continue Reading

09-03-2009 – Articulo de Julio Ortega Fraile publicado en la prensa nacional:

http://nodo50.org/tortuga/Sombras-en-la-perrera-de-O

http://www.otromadrid.org/articulo/7341/sombras-perrera-carballino-ourense/

http://www.aragonliberal.com/20090310-colaboracionsombras-en-la-perrera-de-o-carballino-ourense.html

http://lv.galiciae.com/nova/26696.html

http://elmercuriodigital.es/index2.php?option=com_content&do_pdf=1&id=17315 Continue Reading

06-03-2009 – Foron moitas as veces que quixemos dedicarvos estas liñas e outras tantas as que tivemos que deixalo porque se nos anubraba a vista e non podiamos continuar.


Para algúns erades un estorbo, lixo que afeaba as rúas, algo politicamente incorrecto e que había que sacar da vista dos votantes.


Pero nos sabemos que erades moito mais que iso. Erades uns bos amigos, que agradeciades a pouca atención que vos podíamos dedicar, aquela caricia lixeira por  falta de tempo e pensando que xa habería outro momento, as poucas horas en que vos podíamos sacar das escuras gaiolas para que tomarades algo de sol, e a ledicia que ruidosamente faciades escoitar cando presentiades a nosa chegada.

Continue Reading