Canceiras en Santiago e canceiras no Carballiño…
01-03-2009 – Estivemos facendo unha comparativa entre a canceira de Santiago e a do Carballiño.
Comparando a superficie construída de ámbolos dous complexos, atopámonos con que o “Refuxio do Bando” ten aproximadamente 4.500 m2. de superficie e invertéronse 395.000 euros, mentres o da Medela ten uns 2.400 m2. e gastáronse 250.000 euros. Facendo unha simples división resulta que o metro cadrado da Medela saíu en 104 euros o metro cadrado e o de “O Bando” en 87 euros o metro cadrado.
Ou sexa, o prezo por metro cadrado na Medela saíu un 20% mais caro que o de Santiago.
Loxicamente hai que ver si, esta diferencia, está xustificada por unhas instalacións que amosen a razón da mesma. É haina, pero a favor do refuxio de Santiago, como se pode ver nas fotos que xa publicamos con anterioridade, e noutros asuntos que relacionaremos a continuación:
O refuxio de Santiago é unha verdadeira institución ,como se pode ver na súa páxina web (que tamén a teñen) e que, quen o desexe, pode comprobar no lugar mediante una visita (é público).
No Refuxio do Bando hai oficinas, os animais aliméntanse de penso a diario, hai cociña equipada, consulta de veterinario asistida por dous veterinarios, quirófano equipado Continue Reading