14-12-08 – Seguen os “accidentes” debidos á utilización de armas perigosas nas batidas de caza maior.
Dicimos ben, o motivo dos accidentes é a utilización desas armas dentro dunha normativa pensada para escopetas, non por causa de imprudencias.
Na noticia destes días falase de que o cazador estaba cruzando unha estrada. Podería ser calquera que pasara por alí, un conductor, un paseante como xa aconteceu, ou unha familia con nenos.
Os rifles de canon raiado teñen moito alcance e unha bala Continue Reading

14-12-2008 – Informes aínda sen confirmar parecen indicar que, con motivo da nosa denuncia do día 7, foi programada unha limpeza e adecentamento da canceira, para nela facer unha rolda de prensa, con vistas a desmentir a nosa información. Con tal motivo, o can da foto, que estaba logo na entrada, sen tratamento, atado pero sen risco de morte, parece ser que lle foi aplicada unha injección de "eutanásico" co fin de que os xornalistas non o viran. Esta injección mortal é manipulada libremente por persoal da canceira e sin supervisión veterinaria.

12-12-2008 – (artigo orixinal) – Hoxe visitamos de novo a canceira. Por fin Continue Reading

07-12-2008 – Estendese o escándalo que afecta á canceira do Carballiño. Debido á gravidade do caso (pinche para ver a galería de fotos), outras agrupacións decidiron denunciar os feitos que nós estabamos esperando para ver si se solucionaban. Os intereses políticos e a omisión do Concello están ocasionando numerosas víctimas entre os animais . A concellería de medio ambiente, así como a alcaldía, son coñecedores das deficiencias que houbo na construcción desa instalación, así como da falta de dilixencia e do abandono que permitiron que ningunha deses deficiencias foran corrixidas, a pesar de que nunca faltaron recursos económicos que,  como tamén eles saben e pretenden ignorar, poderían Continue Reading