31-12-2008 – Matar por matar, NON, respalda a opinión maioritaria de que a figura da fundación é o mellor sistema de xestión  para o refuxio de animais da Medela.
Esa é a experiencia en tódolos refuxios, non solo de cans, que funcionan adecuadamente. As razóns son moitas e o que non pode ser é que o concello delegue esa tarefa e despois non exerza a mínima fiscalización, como viña acontecendo.
Un refuxio de animais debe ser xestionada de maneira transparente no económico, especializada, autónoma e tendo como fin principal o retorno dos animais a unha familia de adopción garantíndolles, mentres estean internados, unha estancia digna.

Continue Reading

30-12-2008 – Chámanos da zona de Beade. Queren que vexamos unha “valentía” mais dos “deportistas” da escopeta e de se divertir matando. Os que se autodenominan “os maiores ecoloxistas que hai”.


A falta doutra cousa, tiranlle a calquera animal que se lles poña diante. Pudo ser un teixugo, unha donicela, un cernícalo ou Continue Reading

30-12-2008 – Autovías barateiras que pagamos caras e valen pouco. Feitas de maneira que as empresas teñan o máximo de beneficio posible, aínda que as mortes continúen. Mortes de animais por ausencia de pasos de fauna e mortes de persoas a causa da cobiza dos donos do sistema e a submisión dos políticos que as representan.


O caso do rapaz que morre na “nova” autovía do Barbanza é significativo. Unha autovía mais sen túneles nin viaductos – que diminuirían o impacto ecolóxico e paisaxístico, así como a formación de placas de xeo – e con grandes trincheiras onde nunca chega o sol de inverno. Resultado: Accidentes. Algún día serán chamados polo nome Continue Reading

29-12-2008 – Los “deportistas” de la Federación Gallega de Caza, que han acabado con casi todas las especies silvestres de Galicia y ahora se divierten matando zorros (inédito en el resto de España y posiblemente del mundo), ya han programado la matanza de este año.


Dentro de su previsible capacidad de “ingenio”, programan todos los campeonatos “provinciales” para el mismo día: el 10 de enero. Calculan con dividir la movilización ecologista.


Convocamos a todos los defensores de los animales, a los que ya participaron y a los que, como otros años, se sumarán a la lucha para parar este desatino, a que se preparen para el desafío.
Habrá que madrugar, lo haremos con ánimo y volveremos hacerlo cuando programen el "campeonato gallego" y el “campeonato nacional”.


Saldremos otra vez al monte, disfrutaremos de un magnífico día de invierno en la naturaleza sin dañarla, veremos la caída de la hoja en Continue Reading

25-12-2008 – O goberno central achegoulle ó Concello do Carballiño unha cantidade de cartos por volta dos dous millóns de euros, aproximadamente 320 millóns de pesetas. Cartos inesperados e regalados, para gastar en crear emprego, axudar na crise, etc. un fondo especial creado polo goberno co fin de que, os centos de miles de millóns, dos nosos cartos, que se lle están regalando ós bancos que crearon o problema, non sexan un agravio tan comparativo.
A corporación do Carballiño, a proposta do grupo de goberno, seica os vai gastar en reformar a piscina (800.000 euros) e arranxar o tellado do pavillón (200.000 euros) entre as “inversións” mais Continue Reading

24-12-2008 – Nota de prensa.

23-12-2008 – Xá temos advertido que na canceira non hai ninguén que estea o seu cargo no sentido de dirixir, xestionar, programar melloras e organizar o seu funcionamento para rematar coa situación de abandono e carencias con que veu funcionando ata o de agora.
Este é un artigo puramente técnico, do que esperamos que alguén teña a sensibilidade necesaria para sacar ideas do que compre alí.

Continue Reading