01-12-08- Novas da Manifestación: Faro de Vigo, Vieiros, La Voz de Galicia, El País, EPGalicia. Galicia Hoxe.

26-11-2008- Sobrecolledor documento sobre o que o poder económico, por medio dos políticos que o representan, está a facer coa nosa terra e cos recursos económicos que tanto precisamos para transporte público, servicios sociais, escolas, hospitais, residencias, etc.


Procede do movemento contra o plan Vigo Íntegra, que convoca unha manifestación para o día 30 deste mes, pero destaca toda a argumentación que temos presentado nas nosas páxinas sobre este asunto e contén referencias do abuso que se está a cometer na orxía de construcción de vías de alta capacidade, que destrúen o País, e no esquecemento do Continue Reading

22-11-2008- O sadismo, as mortes gratuítas e por diversión, o maltrato animal, a cegueira interesada dos organismo públicos de vixilancia e controle, que deberían reprimir o maltrato e as condicións inhumanas dos galgos e demais animais, utilizados para cubrir a falta de coraxe dos matarifes  que sacrifican os seus cans para que eles poidan matar con seguridade e sen perigo.
O “deporte” brutal de matar seres vivos e indefensos, que solo queren criar os seus fillos pero que, para certos desalmados e insensibles individuos da especie humana solo son obxectos cós que se divertir quitándolles a vida.Continue Reading

18-11-2008- O final a diferencia entre predicar grandes verbas, falando do protocolo de Kyoto, defensa do medio natural, reducción de gases, etc. e a dura realidade, acaba sando á luz.


As desaforadas políticas, dos comisionados que ocupan cargos públicos,  de entregar tódolos recursos do Estado e o froito dos nosos impostos ás grandes constructoras, queda en evidencia nos informes emitidos por Nacións Unidas, onde España aparece como o País que mais aumentou as emisións de gases de efectos invernadoiro e o que mais incumpre o Protocolo de Kioto.

Continue Reading

15-11-2008- Curiosas as cousas da caza … unha osa seica ataca a un cazador (quen previamente a molestou nunha batida de xabarí e ademais chamou a súa atención con gritos cando ela se retiraba) e agora queren rematar con tódolos osos (solo hai 20 en todo o Pirineo) do Val de Arán. E eso que a tal osa nunca pretendeu matalo xa que, se así fora, o “cazador” non o estaría contando.
Por outra banda resulta que un cazador matou a un parente con CATRO tiros porque seica o “mirou mal”. Evidente e loxicamente a ninguén se lle ocorre que hai que rematar con tódolos cazadores. E neste caso si parece que se pretendeu matar porque, entre outras cousas, tivo que recargar a escopeta para poder disparar os catro tiros.
Houbo outros casos nestes días como Continue Reading

12-11-2008- Últimas novas. "A Cámara examina as axudas a FEGAMA" (que é a recén estreada Federación Galega de Medio Ambiente, que recebeu, neste ano da sua estrea, uns golosos 300.000 euros de subvencións).

10-11-2008 – Foron moitas e moi grandes as expectativas cando cambiou (¿cambiou?) de cor o goberno de Galicia. Tan grandes como a frustración que agora sentimos ante as idénticas políticas medio ambientais e as idénticas manipulacións para calar ós críticos. Tan idénticas que parece existir unha crise de identidade entre  ámbalas opcións de goberno que nos ofrecen e que, cando instalados no poder, actúan de maneira  mimética. De pouco vale cambiar de A a B porque o resultado é o mesmo.


Resulta que había unha trintena de asociacións ecoloxistas en Galicia e que, nestes últimos anos, conseguiron acadar un elevado porcentual de desacordos coas políticas da Consellería Continue Reading