– 30/10/2008 -Matar por matar,NON, négase a entrar na dinámica de insultos e    descualificacións sobre a canceira.

Pensamos que se está descualificando moito, eso si, despois de un eloxio envelenado. Tamén é certo que o que se está dicindo é moi forte, insultase, fanse insinuacións contra uns mentres se acusa do mesmo ós outros, etc. E chegase a puñaladas incomprensibles  a quen se apoiaba antes. Ou sexa a nós e sentímonos feridos e traizoados porque o único que procuramos sempre foi o ben estar dos animais. Exclusivamente.


Para rebater as cortinas de fume que se están lanzando,  precisaríamos páxinas e páxinas, polo que pensamos que é mellor obvialas e ir ó fondo do problema.

Continue Reading

– 25-10-2008 – Matar por matar, Non, quere amosar o seu total apoio ó acordo tomado póla corporación municipal do Carballiño que, por maioría, acordou que a xestión da canceira municipal pase a ser responsabilidade total do propio Concello.
Os motivos son varios así que trataremos de explicar os mais destacados.


En primeiro lugar, pensamos que a ninguén se lle pasará pola cabeza que os dous grupos que apoiaron a moción foran actuar de mala fe ante unha boa xestión da canceira. Cremos que ámbolos dous, ademais de representar a maioría dos veciños do Carballiño, teñen a suficiente responsabilidade para, antes de tomar unha decisión dese tipo, documentarse dabondo.

Continue Reading

Sinal dos tempos. Agora resulta que os animais “provocan” accidentes.
As imaxes na TV de un xabarí circulando póla A-6 en Madrid penso que as vimos todos. Ó final a nai resultou atropelada e o fillo foi retirado.


Non é o primeiro nin será o última caso, incluso xa houbo mortos, son incontables as  noticias que aparecen na prensa sobre accidentes ocorridos pola presencia de animais nas autopistas que invaden o seu  territorio, pero as “infraestructuras” das que tanto presumen os nosos políticos, seguen a se facer sen pasos de fauna que permitan a libre circulación dos animais sen Continue Reading

A falta de normativa sobre armas perigosas aumenta o número e a gravidade  dos accidentes de caza

Nos últimos tempos, a utilización de armas de canón raiado para a caza maior, ten aumentado o número así como a gravidade dos accidentes de caza, debido á clase de munición que utilizan (balas), como ó seu elevado alcance (mais de 3 quilómetros).

Noticia relacionada: (Faltan axentes para vixiar.Pinche…)


Ademais, no accidente deste domingo, en Carballedo, a víctima puido resultar morta de ser alcanzada no peito en lugar de na perna, mentres que, se o disparo fora feito cunha escopeta de perdigóns, a gravidade das feridas sería ben menor ou inexistente.


O incremento de actividades de caza maior así como a autorización para utilizar armas que disparan balas ou postas nestas batidas, aumenta a área de risco para terceiros en mais de  600 veces. Ou sexa, mentres Continue Reading

Matar por matar,NON, quere amosar a súa desconformidade coas continuas declaracións de destacados dirixentes do colectivo da caza que, en defensa dos seus intereses, non dubidan en facer reivindicacións e afirmacións que, ó noso xuízo, solo teñen como finalidade aumentar as prerrogativas do colectivo de cazadores, en prexuízo manifesto do medio ambiente, da fauna e dos intereses dos agricultores, gandeiros e propietarios de terras.


No artigo aparecido nun xornal de ampla difusión na nosa provincia, e repetindo case literalmente o manifestado hai un ano, non dubidan en asegurar que os cazadores son esenciais no equilibrio das Continue Reading

Non se trata de un titular mais ou menos sensacionalista, senón de unha seria cuestión que se debería aclarar o antes posible por parte desa Consellería para eliminar as dúbidas que xorden como consecuencia do seu comportamento  discriminatorio, tolerante e totalmente permisivo co comportamento dos cazadores,  coa impunidade e falta de fiscalización con que os seus actos son tolerados por parte desa Consellería.


Actos, non esquezamos, que están causando, non so unha seria degradación do medio e da fauna, como tamén víctimas entre pacíficos “non cazadores” , algúns dos caes resultaron mortos polo comportamento temerario deste colectivo, que Continue Reading