– 08-07-2008 – Despois de mais de dous meses subindo a diario á canceira e traballado alí, algúns días hasta as 11 da noite, pensamos que temos condicións e datos dabondo, para facer un análises polo miúdo da problemática que existe.


A canceira ten case 200 cans repartidos en  35 gaiolas, de entre catro e vinte cans, dependendo do tamaño das mesmas. Hai gaiolas de uns 60 m2. (dúas) outras de 40 m2. ( seis), de 30 m2. (seis), de 15 m2. (dez) e de 10 m2. (once). Os machos están separados da femias, aínda que temos visto manifestacións de xente que o ignora, non coñecen o lugar e pensan que están mesturados.

Continue Reading

13/07/08Nova na Voz de Galicia. Sairon para  cazar xabarís, que "hai moitos", pero non atoparon nin o primeiro. Son un perigo para os coches, porque constrúen estradas por tódolos lados, non deixan pasos para a fauna e agora botanlle a culpa ós animais. Pero non pasa nada, os cazadores divertíronse, anduveron asoballando o monte en época de cría, molestaron ós demais animais, puxeron o monte en risco de lume e van voltar outro día, que se non atopan xabarís atoparán outra cousa para lle dar un tiro…Por certo, hoxe en día, ten o millo derramado quen non pecha a finca, que sai ben mais barato que andar organizando batidas, así que disculpas para organizar "cazatas" sí, pero que non pensen que enganan a alguén.

Artigo Orixinal:

Coa desculpa dos "danos", a Consellería de Medio Ambiente xa Continue Reading