Este é o correo que nos chegou dende SOS Courel. Pensamos que non hai nada que engadir e reproducimos o seu contido tal cual chegou. Unha mostra mais de como o diñeiro manda e os políticos entregan, en noso nome e contra nós ,as nosas riquezas:

EN GALEGO
Difunde canto poidas, para que tod@s sexan testemuñas da desfeita do Courel.
Vídeo completo de “El escarabajo Verde” en internet:

O’ COUREL, LA JOYA DE LA BIODERSIDAD GALLEGA

Ollo !!! Despois de premer en “ Vídeo”, busca debaixo da pantalla do visor : “parte 1 – parte 2”, e preme en calquera delas

Continue Reading

morte na estrada

morte na estradaAnte as inaceptables respostas que o responsable da Consellería de Medio Ambiente dá ó xornal El País, sobre a falsificación de censos de fauna presentados polos cazadores, autopistas sen pasos de fauna e batidas para matar animais onde éstes son atropelados, debemos saír, unha vez mais, á palestra para informar á opinión pública.

En primeiro lugar dicir que, nun país civilizado, as denuncias sobre falsidade nos datos que presentan os tecores e que permiten cazar un número de animais que non existe, xa houberan dado lugar a o inicio de unha investigación por parte das autoridades competentes- neste caso a Consellería de Medio Ambiente- non só dos casos que se denuncian senón que , tamén, de outros tecores. Se non de todos, a lo menos de unha mostraxe deles.

Nese caso, as autoridades competentes, estarían facendo o traballo polo que se supón que se lles paga e nós estaríamos Continue Reading

14/05/08 – Que o saben non é novidade. Falta saber qué é o que pensan facer.

12/05/08 – Nos, así como outras organizacións, coordinados no movemento "Salva o Tren" xa tratamos de avisar á cidadanía mediante as diferentes notas de prensa e a manifestación de Santiago. Agora compre que todos esixamos o que é de dereito. Mal andan con esas medidas, de eliminar tren e facer autopistas, se como din, pretenden reducir a contaminación e as mortes nas estradas.

Artigo Orixinal:

Non é porque o diga a Voz de Galicia , pero resulta curioso que desde o propio sistema nos estean colocando a realidade diante dos ollos e sigamos impasibles. Coraxe do xornalista.
Nos levamos tempo dicindo o mesmo . Somos o País de Europa con mais quilómetros de autopistas e de Alta Velocidade e os últimos en beneficios sociais, salarios, axudas, residencias, etc.


Seguimos con as vías de tren que fixo Franco hai Continue Reading

Vetendo no río

Vetendo no ríoAs nosas “autoridades” preocupadas con os seus grandes proxectos publicitarios, que comen enormes recursos, esquecen que, os nosos ríos están sendo envelenados tamén dende o seu nacemento polos vertidos dos pozos negros (depuradoras lles chaman) que instalan nas aldeas.


Mesmo con o actual sistema de recollida de augas residuais, a solución para evitar esta desfeita é sinxela e ten un custo ben reducido, falta vontade política para levala a cabo.


O s residuos sólidos deses “depósitos” deben ser retirados cada certo tempo, o que case Continue Reading