Xa o viñamos denunciando nos artigos "As probas do exterminio" (I) e (II): Os censos de fauna estan sendo manipulados nos Plans de Aproveitamento Cinexético que presentan os Tecores.

Hoxe, "ADEGA" e "Matar por Matar NON" ,realizamos unha rolda de prensa, en Santiago, onde amosamos as barbaridades que se están a certificar neses "Plans", para poder seguir matando uns animais que non hai. Os detalles neste comunicado conxunto.

Conteñen datos tan curiosos como Continue Reading

11/03/08 – O partido antitaurino (PACMA) parece ser que deu a sorpresa en toda España. Europa Press e El País, La Plaza. Que tomen nota os "grandes" e os que nos governan.

Parece ser que o PP non vai poder aplicar as medidas que tiña "programadas" para favorecer a caza. Aínda que posiblemente os cazadores, e con fundamento, teñan a esperanza de que as aplique o PSOE.

O PACMA, que se presentaba para protexer ós animais, acadou 874 votos en Ourense que , para ser a primeira vez , tampouco está nada mal e non se poden queixar da movilización dos amigos dos animais. Ademais haberia que sumar os de IU, que tamén levaba un programa de medio ambiente bastante progresista, así como os de outros partidos á esquerda do PSOE, sen contar o BNG. Entre todos casi acadarían o 8,5% dos votos con casi 16.000 en total solo en Ourense.

E todo sen contar que, moitos votantes dos partidos maioritarios son Continue Reading

De seguro non se trata do pior que está acontecendo no mundo en termos de maltrato animal. Hai cousas tan ruíns ou piores que esta. A crueldade humana non ten limites.

Ésta e a nova que saiu publicada, en varios diarios.

O que chama a atención é a cantidade de "persoas", ou "membros da especie humana", que participan pasivamente nesta crueldade sen reaccionar. Dende o tarado que ideou o asunto, pasando por quen o autorizou, os responsables do local e, sobre todo, o enorme número de visitantes que asistiron, impasibles, a esta demostración da indignidade que pode acadar a nosa especie.

09/03/08 – Lean o comentario onde, dentro do debate, hai un enlace que inclue unha nota de prensa que, ó parecer, emitiu a Galería.

Continue Reading

21/03/08 – Non o dicimos solo nós.  

Hai pouco falabamos do mito de aforrar áuga, que hoxe todos nos recomendan, pero que depois é utilizada para novas urbanizacións e para que os especuladores se fagan ricos construindo onde non a hai.

Dous exemplos incomprensibles (hai moitos mais, tanto en Galicia como no resto do País): Un en Miño (Coruña), onde expropiaron terreos a 6 euros e agora venden entre 2.000 e 6.000 o m2, e outro en Aragón. Este último parece cousa de algún lunático.

O razonamento é simple:

1.- É absurdo pedir controle no consumo cando se están a construír Continue Reading