30-03-2008 – (Castellano)- Xa o sospeitabamos, pero agora puidemos comprobar, “in situ”, como Galicia está sendo masacrada sen necesidade e polo solo motivo de que as grandes empresas poidan gañar mais cartos. Todo, por suposto, con o beneplácito de quen debería velar polos nosos intereses e o noso territorio, pero teñen que servir ós intereses dos poderosos.

A construcción de autovías e autopistas está sendo levada a cabo da maneira mais prexudicial para a paisaxe, o medio ambiente e a fauna, porque, as empresas que as executan, fano da maneira mais trapalleira e depredadora que existe.

Continue Reading

Tráxica imaxe

Tráxica imaxeHai menos de dous anos calculaban que o Polo Norte non chegaría ó ano 2040. Agora xa cambiaron as previsións e, segundo se desprende da última reunión de oceónagrafos realizada en Orlando (USA), parece ser que non vai chegar ó ano 2020.

Eso leva consigo que cada vez morren mais osos blancos afogados porque non conseguen chegar a plataformas de xelo estables. É dicir, desaparece literalmente o chan que pisan.

Os politicos non fan nada porque son uns mandados e, os que mandan, xa están afiando as zarpas para meter o dente nos recursos Continue Reading

Rematou a xuntanza do Comité Galego de Caza, e acordouse a orden de Vedas para o período 2008/2009, esto é o que nos parece:

Queda claro que, por parte dos cazadores, o fin último é que, cantas mais especies e canto mais días se poida cazar mellor. Limitacións cantas menos mellor, van de ecoloxistas, pero queren moratoria para o uso do chumbo nos humedais. Non digamos nada se houbera que prohibilo en calquera tipo de cacería, como sería o lóxico.

O período de caza menor (art.2): déixano como sempre (19/10 ó 06/01), pasan por alto que non hai fauna e os POC está falsificados.

Métodos de caza (art.11): Melloran as masacres. Nos ganchos e monterías agora pódenlle tirar a todo o Continue Reading

A saída de semana santa, e só no primeiro día, deixou un raposo, dúas xinetas e un gato atropelados á altura da Cañiza. Habería que estudiar o total de víctimas que a «operación saída» deixou entre a fauna por culpa da falta de pasos adecuados. Seica son mais de 30 millóns ó ano nas estradas españolas.

É incrible que a diario saia na TV e outros medios a, no caso de Galicia, responsable de política territorial, anunciando novas «infraestructuras», que destrúen o noso monte e esquilman a nosa fauna, sen que ninguén faga a mínima referencia á maneira trapalleira e irracional en que se invade o medio natural, sen por os medios mínimos para paliar tanta morte innecesaria.

Continue Reading

A cousa ven de lonxe e para ninguén, que coñeza algo o Brasil e o modo en que as multinacionais utilizan as súas “zarpas” no mundo enteiro, é novidade a costume estendida de resolver “problemas” mediante “acordos económicos”.

Evidentemente estas “solucións”, dende hai décadas, tamén ocorren nas actuacións das multinacionais que operan nese enorme País, que ten as súas riquezas no punto de mira das grandes corporacións. Non esquezamos que o golpe militar de 1964 foi promovido por empresas estadounidenses que alí tiñan intereses.

Agora fano mais “finamente”, pero os gobernos seguen estando ó servicio dos que teñen diñeiro, alí e no resto do mundo.

Sábeno ben multinacionais españolas como Telefónica,Continue Reading