DIA 15 DE DECEMBRO,SÁBADO, ÁS 10:00 (saída a o monte) e ás 13:00 DA MAÑÁ FRENTE A O CONCELLO DE SAVIÑAO-ESCAIRÓN CONCENTRACIÓN DE PROTESTA CONTRA A "LIGA POPULAR DE CAZA DE RAPOSO"Participa 676 750 768 .

¡¡ATENCIÓN!! novas matanzas para xaneiro.

Mais Novas: Dia 14/12/07 as nosas razóns na Radio Galega . Escoite… (comeza no minuto 12 das 19 horas)

Dia 14/12, D-1, 14/12 na Voz de Galicia. Vieiros Canal Verde 1. e dous.

13/12/07 – ¡¡Día D-2 !!, Novos apoios (Ecologistas Extremadura). A organización LIBERA, progama protestas en Barcelona contra a "liga" de raposo, ACTYMA (Asociación Contra la Tortura y el Maltrato Animal)

10/12/07 – Mais grupos Continue Reading

TRISTE...

TRISTE...Parece que xa levamos sete mortos por culpa da caza dende que esta comezou a finais de outubro.
Curioso que un alto representante da caza en Galicia diga que  “…outra cousa é que a xente se meta no medio das batidas”. Tendo en conta que todos temos dereito a ir a o monte, e que ninguén se preocupa de sinalizar nin de avisar a os veciños de que hai unha batida, sería interesante que nos dixera tamén a maneira de evitar sermos o branco de un tiro cando paseamos polo monte. Eso sen falar das víctimas que paseaban tranquilamente por unha pista asfaltada, onde se supón que non debería haber risco algún por ser zona de seguridade, como xa aconteceu.


Tamén sabemos que hai moitos anos que os cazadores andan polo monte, no entanto hai anos que non tiñan tantas Continue Reading

Chegan as choivas, milleiros de traballadores saímos de casa ás 8 da mañá, aínda é noite e o será ata case as 9, chove, apenas se ve o que hai detrás do coche por causa da condensación do cristal traseiro, os limpa parabrisas fan o seu traballo como poden e a calefacción tomase o seu tempo para caldear  o interior.

A o saír do pobo follas nas pistas, camiños asfaltados de escasos catro metros  de ancho incluídas as cunetas. Perigo de esbarrar nesas follas molladas e susto a o ver que, o que parecía unha folla, na realidade é un pequeno paxaro, un pisco, que está a procurar Continue Reading

FERVENZA BALEIRO

FERVENZA BALEIRO

Co gallo do programado Apagón de todas as luces hoxe, das 20:00 ás 20:05 é ocasión para recapacitar a onde nos está levando a procura cega do lucro.

Cando está a piques de rematar, no noso país, a intervención do estado sobre os prezos da electricidade e do gas, e cando se está a falar, por parte da patronal, de aumentos de hasta un corenta por cento  no prezo da electricidade (producida á costa do noso territorio) a partir de xaneiro, supomos que con a finalidade de que amorticen o antes posible o que pagaron por Endesa, debemos pensar no espolio que estamos a sufrir con os aumentos desorbitados, non só da enerxía  e das hipotecas; para maior gloria dos lucros astronómicos de bancos e petroleiras, entre outras; senón tamén na cesta básica da compra.

Se en Europa somos reféns indefensos da depredación medio ambiental Continue Reading

CANCEIRA DOS HORRORES

CANCEIRA DOS HORRORESCando está a piques de saír á información pública o proxecto da nova lei de  protección dos animais, é o momento de comprobar o espírito progresista do goberno de Galicia así como dos grupos do parlamento galego. Imaxes como as que, a diario, circulan na rede, non son propias de seres civilizados.

Confiamos en que certas actividades como os campionatos de raposo e de tiro ó pombiño, prohibidos no resto de Europa, non sigan tendo en Galicia o seu “paraíso fiscal” . Tampouco estaría de mais que se prohibiran os campionatos de caza, como os que se realizan o ano todo na nosa comunidade.

Matar animais de granxa para que algún “deportista” poida satisfacer os seus instintos Continue Reading

Defendendo o litoral

Defendendo o litoralPor se había dúbidas, no programa “Hai Debate” última parte, do día 12 de novembro, quedou claro, por parte dos grandes partidos, cales son os intereses que defenden e que pretenden encher Galicia de Macro piscifactorías en detrimento da pesca tradicional e dos intereses naturais,  medio ambientais,  ecolóxicos e económicos do noso litoral.
Acontece que, tanto a empresa privada, sobre todo multinacionais, como os fondos europeos, teñen unha grande cantidade de diñeiro para inverter neste tipo de industria. Solo fai falta un pobo que cale e que deixe instalar estas granxas de plástico, que producen grandes cantidades de agoas residuais e cargadas de antibióticos, no seu litoral. E escolleron Galicia.
Exactamente o mesmo asunto que cons os parque eólicos Continue Reading