accidente obras AVE

accidente obras AVEO sábado 27 presentamos alegacións contra o AVE porque,como vimos repetindo, o noso país ten necesidades mais importantes antes que malgastar os nosos cartos en destruír o territorio con un proxecto megalómano, caro e elitista como este.

A diario falase de falta de fondos para:
Transporte de proximidades, listas de espera, ambulatorios, camas de hospital, residencias para a terceira idade, asistencia social, inspección de traballo, erradicación do chabolismo, aumento de pensións, garderías públicas, limpeza de montes e erradicación de mimosas, e un largo etcétera.

Vexan o escrito de alegacións  e as novas, en xornais ,(3, 4, e 5) e outras sobre o asunto .Continue Reading

cadela morta con cría

cadela morta con críaTerrible a noticia sobre a morte, por envelenamento, de mais de 16 cans en un tecor de Moaña, unha consecuencia mais dos problemas asociados á caza que acaban pagando os mais indefensos e menos culpables.
É un absurdo e un acto inxustificable e covarde que algún desalmado pague as súas diferencias, do tipo que sexan, vingándose nos seres mais nobres e leais que nos fan compaña, aínda que seus donos sexan da índole que sexan.
Sabemos que ningunha persoa con sensibilidade sería capaz de tan repugnante acto pero, en casos como este convén non perder de vista a problemática que da lugar a que noticias como esta e as que comentamos en artigos anteriores, orixinadas pola práctica do “deporte” da caza. Continue Reading

amazonia riqueza biolóxica

amazonia riqueza biolóxicaA noticia é que a deforestación da amazonia volta a crecer de maneira alarmante.
Ao fío do que comentamos en artigos anteriores, os incendios e a deforestación de selvas virxes,sobre todo no Brasil que é onde mais abunda esta inimitable  e ameazada riqueza, tiña moito que ver con a nova industria de combustibles de orixe vexetal.
Tamén lembramos dos encendidos patrioteirismos de algún fundamentalista envolto na bandeira deste gran País que, no fondo, o que esconde moitas veces, é a defensa dos intereses de uns poucos privilexiados que, en nome dos intereses do pobo brasileiro, o que en verdade están a defender, son intereses de unha elite e, incluso, de empresas estranxeiras ás que representan.
Curiosa a noticia de un representante elexido polo pobo e que, a súa vez, representa unha empresa multinacional estranxeira, con o cal, vemos o verdadeiro poder Continue Reading

Na prensa do martes dia 30 ven outra noticia de un impacto de bala en unha casa. Xa é a terceira vez , dende que comezou a caza este ano, que tal suceso acontece. A primeira vez con resultado da morte de un pacífico paseante que iba por unha pista asfaltada.

Nós mandamos a todos os medios o comunicado que está a continuación, esperando que informen a os seus lectores, de momento vemos unha referencia a o mesmo nesta noticia. No entanto aconsellamos ler a "información ó cidadán" e, a quen cace pondo en perigo a os demais, debese denunciar a o SEPRONA chamando á Guardia Civil. Atenden ben e rápido.

Continue Reading

masacre de animais

masacre de animaisQue a fauna silvestre de nosos montes está desaparecendo é unha realidade que a ninguén se lle escapa a pouco que saia a o monte ou teña datos para comparar con hai poucos anos.
Esta realidade solo é ignorada por un gremio de cazadores obcecados por matar e que, aínda que eles mesmos se queixan da falta de fauna, non toman medidas, a non ser soltar algún coello, perdiz ou faisán manso nas vésperas da temporada e despois cazalos antes de que morran de fame por falta de comida, auga e adaptación a o monte.

A Consellería de Medio Ambiente, lonxe de cumprir con o cometido de preservar Continue Reading

canteira da Campa no Courel

canteira da Campa no CourelTranscribimos na íntegra o pedido de SOS COUREL a toda Galicia, onde se pode apreciar como, habendo cartos para "Cidade da Cultura" , complementos de altos cargos e obras faraónicas, non os hai para salvar a nosa "amazonia" galega. Ó contrario, en lugar de estar a defender o noso patrimonio, as institucions responsables están a entregálo á especulacón de empresas estranxeiras. Son os colectivos cidadanos quen vamos ter que facer o traballo polo que eles cobran e defender a terra contra os especuladores e contra a propia adminstración.  Lean por favor:

  SOS Courel vese na obriga de acudir aos Tribunais de Xustiza 

Amigas e amigos do Courel: 

Continue Reading