manifestación en Tordesillas

manifestación en TordesillasFinalmente levouse a cabo, un ano mais, a barbaridade do "Toro de la Vega", no entanto estamos a ver como, cada ano, crece mais o número de manifestantes españoles e estranxeiros que se manifestan contra unha das maiores crueldades da España profunda.

A prensa deu ampla cobertura das protestas e hai na rede videos sobre o asunto. Tamén traemos de volta un interesante artigo de de Pérez Reverte que, ainda que do ano 2003, está de total actualidade e poden leer ó final deste texto.

Continue Reading

AMAZONIA

AMAZONIAMoi preocupantes son as noticias dos incendios que están arrasando varios parques naturais do Brasil denominados "chapada" ; Chapada dos Guimaraes, Chapada Diamantina e Chapada dos Veadeiros. Mais grave aínda, se cabe, despois das noticias que apuntan o grande desembarco de multinacionais interesadas nas terras desta país para plantar agrocombustibles.


Estes incendios, unidos á acelerada destrucción da Amazonia (17.000 km2 no último ano), que está a mobilizar o pobo e artistas brasileiros, son motivo de preocupación por un ecosistema inigualable, orgullo dos brasileiros e admiración do resto do mundo.
Cabe dicir que, esporadicamente, xurden campañas no Brasil sobre a propiedade da Amazonia Continue Reading

lugar sen infraestructuras

lugar sen infraestructurasHoxe aínda oímos alguén dicir que un acontecemento, sexa festa,romaría, etc. tivo éxito porque
"había moitos coches" ou "había mais de… tantos coches".

Antes, cando había moi poucos si, agora que calquera ten un coche NON.
Agora o equivalente seria que houbera 20 ou 30 Jets privados. Non 200 ou 300 coches.
Os suízos van ás festas en trens. Ben bonitos por certo, e nas festas báixanse de trens coloridos no medio do bosque onde non se ve nin o primeiro coche, por respecto ó medio ambiente, para non o contaminar nin visual nin atmosféricamente con coches, e ter unha festa mais "natural".

Pero aquí aínda seguimos nos anos cincuenta, aínda que queiramos deixalos atrás. O problema Continue Reading

Morte cruel

Morte cruelA segunda semana de setembro acontece en Tordesillas, (Valladolid) un dos feitos mais saguinarios da españa incivilizada e cruel con os animais indefensos. É en honra de unha virxen, o que non ven ó caso dado o comportamento hipócrita de moitos "meapilas" que, depois de ir á misa, adicanse a estas barbaridades. 

Chámanlle o "Toro de la Vega". Onde uns cobardes, ben protexidos, todos os anos se adican a perseguir, acosar, espetar con varas ata a morte e, finalmente, cortarlle os testículos, a un touro sen posibilidades de fuxir. Hai ampla información, así como a posibilidade de acudir a unha manifestación no lugar o dia 9, ou assinar un manifesto en contra desta barbaridade. Continue Reading