Hoxe en día tentamos, na educación dos fillos e da xuventude en xeral, inculcar valores de pacifismo, non violencia, preservación doutras especies, coidados a os animais,preservación do medio natural, respecto á vida, etc. Incluso hai leis que penalizan o maltrato ós animais, pero que, o que parece, so serven para “cubrir o expediente” e dar a aparencia de europeos.
A caza non debe ser considerada un deporte. En primeiro lugar porque os principios e valores que o deporte pretende inculcar, nada teñen que ver con o que se fai na caza: Matar animais de maneira violenta, con acoso e aterrorizándoos antes por pura diversión. En realidade, xunto con as corridas de toros, debería estar incluída nas prohibicións previstas na lei de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade.
_Ao “deporte” da caza a Consellería de Cultura e Deporte dedica cuantiosos fondos (por ser un grupo de presión numeroso – aínda que menos que os “non cazadores”), que a Federación Galega de Caza xustifica organizando “campionatos” como o de raposo,San Huberto etc..
_ Queremos un cambio na lei de caza e na Orden de Vedas, para que se acabe cos abusos da caza e co poder que ten o lobby dos cazadores nas Consellerías, sobre todo na de Medio Rural da que depende.
_ Cambios para que sexan tidos en conta, por parte dos políticos, os sentimentos das persoas que consideramos aos animais seres que tamén sofren e deben ser respectados, e non son cousas que se matan para divertimento duns poucos. NÓS TAMÉN VOTAMOS.
_ Tamén queremos ese cambio para que os propietarios de fincas non vexan usurpados os seus dereitos durante décadas, por señores que van cazar e pisotear as súas fincas, tirar os muros, etc. de balde.
