Skip to main content

Seguimos la lucha para que no se cace en vías públicas.

Posted in

carretera caza28-01-2015 - Como todos ustedes saben, llevamos más de un año intentando que se anule la norma que permite disparar y cazar en vía spúblicas, incluso carreteras asfaltadas. La Valedora do Pobo nos apoya y emitió una recomendación a la Consellería de M. Ambiente para que cambien dicha norma. A esta recomendación la Consellería respondió que lo haría "en el reglamento que se está elaborando", con lo cual y mientras ese regalamento sale o no sale, seguimos bajo la amenaza contra nuestra seguridad.

También está pendiente del "reglamento", según la Consellería y la nueva ley de caza de Galicia, la obligación de señalizar las batidas que se realizan en estas vías con lo cual, algo tan importante como la seguridad de la mayoría de ciudadanos, se ha dejado "para más adelante". Suponemos que con la intención de que los ciudadanos desistamos de salir de casa los días de caza y los escopeteros dispongan del País a su antojo.

Así pues hemos remitido una nueva solicitud a la Valdora do Pobo en el sentido de que apremie a la Consellería para que modifique estas normas que, al afectar a la seguridad, deberían haber sido adoptadas de forma prioritaria como se hizo con otras de menor calado.

Esta es la solictud que presentamos así como la respuesta de la Valedora do Pobo quien ha tenido a bien reabrir el expediente:

 

"SRA. VALEDORA DO POBO
Santiago

Expediente: F.7.Q/15/15
            C.6Q/12908/15                                       Ourense 19 de decembro de 2015
 

Sra. Valedora do Pobo:

Respecto dos escritos que nos remite notificando que se dan por conclusos os expedientes de referencia, con todo o respecto que esa Institución nos merece e aínda agradecendo as súas xestión, se no permite quería amosar a nosa perplexidade por tal decisión, dadas as razóns que pasamos a expor:

_ Sobre a actividade cinexética en vías públicas que a Consellería “promete” corrixir no Regulamento: 
O que está permitindo a caza en vías públicas e estradas asfaltadas é o artigo 42-2-a da LEI 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, que leva DOUS anos en vigor e poñendo en perigo ao resto de cidadáns. De maneira que consideramos (nos, e 5.000 persoas mais que asinaron esta iniciativa) que é ese artigo desa lei o que, de momento, debería ser corrixo de forma inmediata para garantir a seguridade da grande maioría de persoas que non cazamos.
Obviamente cando se faga o Regulamento tamén deberá recoller tal precaución, pero, de momento, o perigo e a normativa que o permite, é esa lei. Non parece que teña moita lóxica (non boa vontade) a solución dada pola Consellería cando, encima, ao referirse ao antigo Regulamento (aínda en vigor) di que se aplica “solo cando non contradiga a lei” o que, a efectos prácticos significa que esa norma de seguridade non solo foi anulada como  tamén o foi a parte do Regulamento en vigor que a recollía.

_ Sobre a sinalización de batidas que se levan a cabo en vías públicas:
O artigo 63-7 da LEI 13/2013, do 23 de decembro, de caza de Galicia, que leva DOUS anos en vigor, aínda que establece a obriga de “sinalizar os camiños de uso público que se internen na zona onde se desenvolva a actividade”, establece, ao mesmo tempo e a continuación da frase anterior, que “ No caso das batidas, o réxime de sinalización determinarase regulamentariamente”.

Supoñemos que a ninguén se lle escapa que, tanto a vista do asunto da caza en vías públicas como no caso da sinalización, que son asuntos referentes á seguridade das persoas e polo tanto deberían ser prioritarios para o lexislador, semellan asuntos que foron esquecidos, ignoramos se de maneira intencional ou non, para entregar a nosa seguridade e a utilización de montes e vías públicas aos cazadores.
 
Falamos de intencionalidade porque o lexislador non esqueceu de lexislar sobre a roupa de “alta visibilidade” que solo protexe aos cazadores, de que “Os animais obxecto de caza serán abatidos ou capturados nas condicións menos cruentas e dolorosas posibles” (!) ou no mesmo artigo 63-11 onde tiveron bo coidado de establecer “Prohíbese o exercicio de calquera práctica que entorpeza o lexítimo funcionamento das cazarías”,.. entre outras cautelas, mentres esquecen da seguridade da enorme maioría da poboación.

Así pois, pedimos a esa Valedora do Pobo que sexa mais concreta no que se refire ás recomendacións á Consellería de Medio Ambiente en relación a estes dous asuntos, e insista na recomendación de que se modifique a actual Lei de Caza de Galicia no que di respecto a eses dous artigos de forma inmediata, xa que afectan de maneira directa e inmediata á seguridade de moitas persoas.
 
Canto aos argumentos da Delegación de M. Ambiente de Ourense, relacionados co asunto da caza en “Refuxios de Fauna”, e tendo en conta que tais argumentos non se corresponden nin con o acontecido  nin con o que existe no lugar,e tendo en conta o escrito que se nos remitiu por parte de esa Institución e da Consellería, retomamos o asunto remitindo un novo escrito de “alegacións” a devandita Delegación da Consellería de medio Ambiente en Ourense.
 
Con toda a consideración.
 
Julio Fernández González – Presidente de Matar por matar,NON".

Y esta es la respuesta que nos remite con fecha de hoy la Valedora do Pobo:

 

valedora reabre

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Prensa:

Farode Vigo

COPE O Carballiño

 

 

AdjuntoTamaño
010216 XULIO DE MATAR POR MATAR NON VALEDORA DO POBO RECLAMACION.mp311.56 MB

Enviar un comentario nuevo

El contenido de este campo se mantiene como privado y no se muestra públicamente.
CAPTCHA
Copie la imagen o letras en el recuadro antes de enviar
Image CAPTCHA
Enter the characters shown in the image.